As Orixes da Lingua Galega: Substrato, Estrato e Superestrato
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,04 KB
Actualizado el
Resumen
Este documento explica as orixes da lingua galega. Describe as tres capas que a formaron: o substrato, anterior ao latín; o estrato, que é a latinización; e o superestrato, de orixe xermánica e árabe. Inclúe exemplos de palabras e de cambios fonéticos, como plantare > chantar ou aurum > ouro, e as achegas xermánicas e árabes ao léxico e aos topónimos.
Puntos clave
- A lingua galega é unha mestura de linguas, sobre todo do latín, que é o seu estrato principal.
- O substrato inclúe o preindoeuropeo e o indoeuropeo, que pode ser celta ou non celta.
- O substrato celta deixou simplificacións como gallu > gallo e a evolución de noctem > noite.
- Na latinización, os grupos pl-, cl- e fl- convertéronse en ch- (plantare > chantar).
- O au latino pasou a ou (aurum > ouro).
- O superestrato pode ser xermánico ou árabe.
- O superestrato xermánico aportou antropónimos como Henrique, topónimos en -ar, -mil ou -riaz e léxico como guerra.
- O superestrato árabe aportou léxico da administración, da construción, dos oficios e da agricultura, como almirante, albanel, alfareiro ou aceite.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
As Orixes da Lingua Galega: Influencias e Evolución
A lingua galega é o resultado dunha mestura de diversas linguas, especialmente o latín, que constitúe o seu estrato principal. As linguas anteriores a este denomínanse substrato, e as posteriores, superestrato.
O Substrato: Raíces Antigas do Galego
A achega do substrato ten dúas orixes distintas: o preindoeuropeo e o indoeuropeo (que pode ser celta ou non celta).
Substrato Preindoeuropeo
Achega vocábulos comúns como barranco ou lama, á vez que raíces como car- (presente en carballo) ou mor- (presente en morodo).
Substrato Indoeuropeo Non Celta
Achegou o nome de Galicia, o sufixo –ego (presente en galego, labrego) e vocábulos comúns como cabana ou páramo.
Substrato Celta: Léxico e Innovacións
Ademais de léxico como bico ou billa e os topónimos rematados en –obre, o substrato celta trouxo innovacións significativas:
- A simplificación de –ll– e –nn– (por exemplo, converteron o vocábulo gallu en gallo).
- A transformación de –p– / –t– / –k– en –b– / –d– / –g– (como se pode apreciar no paso de rota a roda).
- A evolución de –ct– a –it– (os celtas cambiaron o termo noctem por noite).
O Estrato: A Latinización da Gallaecia
O estrato, a parte máis importante da lingua galega, tivo lugar coa latinización, é dicir, o proceso de adaptación ao latín na Gallaecia. Isto debeuse a que os conquistadores romanos tomaron contacto coa poboación galaica e a elite de Gallaecia asimilou a súa lingua, producíndose así a aceptación do latín como lingua cotiá.
A latinización consistiu, entre outras cousas, en achegar alteracións vocálicas e fonéticas:
- Os grupos latinos pl–, cl– ou fl– convertéronse no –ch– galego (ex: plantare > chantar).
- Do mesmo xeito que desapareceron –n– e –l– intervocálicos (ex: personam > persoa).
- O –au– transformouse en –ou– (ex: o aurum latino é o ouro galego).
- O –lt– perdeu o –l– (ex: saltum > souto).
- Tamén se acurtaron vocábulos con –mb– e –mn– (ex: palumbam > pomba, damnare > danar, farinam > fariña).
O Superestrato: Influencias Xermánicas e Árabes
O superestrato, por outra banda, pode ser xermánico ou árabe.
Superestrato Xermánico
As contribucións máis notables do superestrato xermánico son:
- Antropónimos como Elvira ou Henrique.
- Topónimos rematados en –ar, –mil, –riaz, –monde/-munde, –ufe/-oufe/-ulfe, –rei/-ei, –áns/-ás/-á (ex: Samil, Bahamonde, Forcarei).
- Léxico común como agasallar, guerra ou banco.
Superestrato Árabe
En cambio, o superestrato árabe achegou léxico de diversas áreas:
- Da administración (ex: almirante).
- Da construción (ex: albanel).
- Dos oficios e artesanías (ex: alfareiro).
- Da agricultura (ex: aceite).
- E tamén vocábulos comúns como alcume ou azul.
- Ademais, tamén achegaron topónimos como Rábade.
Preguntas frecuentes
Qué é o substrato da lingua galega?
É o conxunto de linguas anteriores ao latín, como o preindoeuropeo e o indoeuropeo, celta ou non celta. Deixaron vocábulos como barranco ou lama e raíces como car-, presente en carballo.
Qué é o superestrato?
É o conxunto de influencias posteriores ao latín, de orixe xermánica ou árabe. A xermánica aportou nomes como Henrique e a palabra guerra; a árabe, palabras como almirante e aceite.
Qué é a latinización?
É o proceso de adaptación ao latín na Gallaecia. A elite galaica asimilou a lingua dos conquistadores romanos, e o latín pasou a ser a lingua cotiá.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.