La prosa galega del primer terç del segle XX: el Grup Nós

Otras lenguas extranjeras5,66 KB

A prosa do primeiro terzo do século XX

Na narrativa do primeiro terzo do século XX conviven narradores que seguen modelos do século anterior xunto a outros claramente renovadores e decididos a dar á prosa galega un impulso que a situase nos cánones estéticos en voga en Europa. Entre os primeiros están Francisca Herrera, Manuel García Barros ou Lesta Meis, que aproveitan as infraestruturas editoriais postas en marcha polas Irmandades para publicar as súas obras na década dos anos 20.

O Grupo Nós

O segundo grupo de narradores, os decididamente renovadores, son os escritores que se agrupan baixo o nome de Grupo Nós. O nome vén da empresa máis importante das moitas que se levaron adiante en prol da cultura galega: a revista Nós. Porque, ademais desta revista, practicamente as mesmas persoas foron fundadoras e membros destacados das Irmandades da Fala, dirixiron as diferentes seccións do Seminario de Estudos Galegos, colaboraron coa revista A Nosa Terra, publicaron literatura de todo tipo e acabaron confluíndo na fundación do Partido Galeguista en 1931.

O Grupo Nós formárono tres ourensáns, veciños e amigos da infancia: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas. A eles hai que engadir a Antón Losada e Castelao, que se sumou inmediatamente, e logo a outros moitos colaboradores. A revista Nós foi fundada en 1920 e publicouse ata 1936. Nela foron aparecendo os froitos que se iban levando a cabo naqueles anos sobre os múltiples aspectos da cultura galega que aínda estaban por coñecer: a nosa prehistoria, a nosa historia antiga, medieval e moderna, a xeografía do país, a arte, a arte popular, a lingua, a literatura, a música... Este fora o plan das Irmandades desde 1916, secundado en 1923 polo Seminario de Estudos Galegos: estudar a realidade do país e darla a coñecer.

Entre as características comúns dos membros do Grupo Nós, nas súas obras literarias e sobre todo nos seus ensaios, están:

  1. O desexo de europeizar, universalizar e poñer ao día a cultura galega, partindo das propias raíces.
  2. A terra e a paisaxe como elementos básicos para a identificación e para a afirmación de Galicia.
  3. A concepción da fidalguía como clase social depositaria das esencias de Galicia rural: se desaparece a fidalguía (se os fidalgos venden pazos e terras e se converten en burgueses rendistas), acaba con eles a Galicia tradicional.

Narrativa: Vicente Risco

Primeiro director da revista Nós, foi unha persoa dotada dunha enorme cultura, coñecedor das ideas e das correntes culturais presentes na Europa do seu tempo. A súa obra narrativa vén sendo unha continuación da súa obra ensaística e está en certa medida lastrada polas súas ideas: aproveita o relato para, en paralelo á ficción, expoñer os seus posicionamentos ideolóxicos sobre diversos temas.

  • "O caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros" plantexa un caso do mundo de ultratumba, tema sobre o que tiña unha vella curiosidade, tratado de maneira humorística.
  • "O lobo da xente" trata dun caso de lobishome que el tiña realmente investigado na montaña ourensá.
  • "A coutada" vén sendo un xérmolo que logo será a novela, tamén de tese, de Otero Pedrayo, Arredor de si: a necesidade de que a fidalguía galega non abandone as terras e siga cumprindo o papel de clase social rural preponderante e depositaria da tradición galega.
  • A súa obra máis importante, O porco de pé, é unha feroz crítica á deixadez da burguesía, carente de vitalidade e iniciativas, que se deixa suplantar e gobernar por unha burguesía forana.

Ramón Otero Pedrayo

Adheriuse ao ideario das Irmandades da Fala e colaborou nas revistas Nós e A Nosa Terra. A súa obra narrativa é a máis extensa da súa xeración. O seu conxunto de novelas e contos pode agruparse en tres apartados:

  1. Novelas histórico-culturistas, nas que recrea a vida cultural dunha época histórica concreta con gran fidelidade: A Rianxeira de Xelmírez.
  2. Novelas e contos realistas, nos que se describe con precisión a vida no mundo rural galego: Os camiños da vida, O mesón dos ermos.
  3. Novelas de ideas, nas que a acción apenas avulta en favor do desenvolvemento das ideas do autor a través dos seus personaxes: Arredor de si, Devalar.

Castelao

Foi esencialmente un artista: pintor, crítico e humorista. De todo o Grupo Nós foi o que máis se implicou en política: dirixente do Partido Galeguista e deputado nas Cortes de Madrid. Foi o encargado de defender o articulado do Estatuto de Autonomía de 1936. En 1939 tivo que exiliarse e viviu en Bos Aires ata 1950. A súa obra narrativa orientase máis ben cara ao relato curto, onde o caracteriza un estilo sobrio e depurado, case sempre tinguido de humor:

  • "O ollo de vidro": primeiro relato macabro-humorístico, no que un defunto ao que non lle podrece o ollo de cristal que tiña en vida ve a través del e comenta con humor quen vai chegando polo seu cemiterio.
  • "Cousas": conxunto de 45 relatos moi breves, todos eles acompañados dun debuxo do propio Castelao, que completa ao lector a información da breve prosa.
  • "Retrincos": 5 relatos baseados en experiencias autobiográficas.
  • "Os dous de sempre": única novela, narra a vida en paralelo de dous amigos da infancia que acabarán medrando de modo moi distinto.

Rafael Dieste

Descargar

PDF Word HTML