A situación do galego na actualidade e o plurilingüismo
Enviado por Valdo y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,38 KB
Lingua e sociedade: O galego na actualidade
1. A situación actual do galego
A chegada da democracia supuxo o recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e da súa cooficialidade co castelán. Tamén se recoñeceu o dereito dos galegofalantes a empregaren o seu idioma e mais a obriga dos poderes públicos de usalo e promovelo. Foron a Constitución española, o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística os textos legais que trouxeron consigo tal mudanza.
2. Ámbitos e contextos de uso
A lingua galega fíxose presente na vida política, na escola, nos medios de comunicación e na administración. Por outra banda, apareceron a televisión e a radio galegas. En todo caso, é nos sectores comerciais, económicos ou empresariais onde se detecta unha maior resistencia á introdución da nosa lingua, non tanto no que se refire ao funcionamento interno da empresa, como á súa proxección cara ao exterior.
O proceso de normalización lingüística continuou nos últimos anos, de maneira que é maior o número de mozos ca de vellos que teñen como lingua habitual o castelán.
3. Factores de normalización
A dirección da normalización vai depender de distintos factores:
- A acción institucional: Os gobernos deben ter unha política lingüística.
- A acción colectiva: De cidadáns concienciados que se agrupen en defensa e promoción da lingua.
- A acción individual: De cada falante que se compromete no uso, na defensa e na transmisión da lingua minorizada.
Un estado plurilingüe
1. Os estados e as linguas
Calcúlase que no mundo existen arredor de 1000 linguas, repartidas en menos de douscentos estados. O Estado español é un país no que conviven varias linguas.
2. As linguas do Estado español
Ademais do castelán e do galego, en España fálanse tradicionalmente outras linguas románicas e unha de orixe prerromana (por exemplo: portugués, asturiano, éuscaro, aragonés, aranés, catalán).
2.1. Vitalidade das linguas minorizadas
O recoñecemento legal das linguas ten unha estreita relación coa situación social en que se encontran e coa súa vitalidade. As linguas minorizadas necesitan un apoio especial das institucións e da cidadanía para sobreviviren.