Xéneros Literarios: Guía Completa de Definicións en Galego

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,32 KB

Xénero Épico: Definición e Características

A Épica é un xénero literario escrito en prosa ou en verso no que o autor se sitúa como un espectador, contemplando así sucesos e recreándoos verbalmente para o receptor. Nela cóntanse feitos que lles ocorren a uns personaxes nun tempo e lugar concretos.

Epopeia

Epopeia: Composición épica escrita en verso, longa e poética, que narra unha acción memorable ou extraordinaria.

Poema Épico

Poema Épico: Narración en verso de longa extensión que narra as fazañas dun heroe para exaltar os valores da propia nación.

Cantar de Xesta

Cantar de Xesta: Composición escrita en verso na que se exaltan as fazañas dun heroe para conmemorar as virtudes dun pobo. Son composicións propias dos séculos XII e XIII.

Romance (Narrativo)

Romance: Composición extensa de versos octosílabos con rima asonante nos versos pares e que posúe contido narrativo.

Romance de Cego

Romance de Cego: Narración popular destinada a ser lida en público.

Conto ou Relato Breve

Conto ou Relato Breve: Peza narrativa escrita en prosa, breve e de gran concentración arredor dunha situación única. Caracterízase por ter un final sorprendente e ser ficticio.

Novela

Novela: Extensa narración escrita en prosa de concepción e estrutura variable na que os temas se tratan de forma profunda, cun tratamento polo miúdo dos personaxes e da evolución psicolóxica dos mesmos.

Os seus subxéneros son:

  • Novela negra
  • Novela histórica
  • Novela sentimental ou rosa
  • Novela épica
  • Novela policíaca
  • Novela bucólica
  • Novela epistolar

Relato (en narratoloxía)

Relato: Nun texto narrativo, é a historia tal como se manifesta no texto (pode presentar a historia incompleta, noutra orde, etc.).

Novela Curta

Novela Curta: Narración escrita en prosa máis curta ca novela e que se distingue do conto pola construción máis elaborada dun personaxe central e pola relativa ampliación do tempo e do espazo.

Lenda

Lenda: Relato de transmisión oral no que un suceso real ou ficticio aparece configurado pola imaxinación popular; adoita conter elementos marabillosos. Escríbese en prosa.

Fábula

Fábula: Narración breve escrita en prosa ou en verso cun fondo ético (crítico, didáctico ou satírico).

Romance Lírico

Romance Lírico: Composición poética escrita en verso de extensión variable, formada por versos octosílabos dos cales os pares riman en asonante.

Xénero Dramático: Teatro e Representación

A Dramática é un xénero literario no que son os personaxes os que senten e actúan ante o receptor. O medio expresivo empregado é o diálogo e non intervén un narrador. Nese xénero expóñense os conflitos, as ideas e as paixóns que o ser humano e a sociedade en xeral poden ter, e que gozan da posibilidade de seren representados diante dun público; o espazo escénico resulta fundamental.

Traxedia

Traxedia: Obra de teatro de asunto elevado cuxa acción está presidida por un destino que conduce aos personaxes a un desenlace funesto e desgraciado.

Comedia

Comedia: Obra de teatro esencialmente cómica que se resolve xeralmente cun desenlace feliz. Está protagonizada por personaxes correntes e caricaturizados.

Drama

Drama: Obra teatral semellante á traxedia pola acción grave e conflitiva, e diferente a ela porque os personaxes non teñen carácter heroico. Mestúranse momentos de tensión e distensión e incluso cómicos.

Auto Sacramental

Auto Sacramental: Obra teatral de tema relixioso.

Traxicomedia

Traxicomedia: Obra teatral que mestura as características da traxedia e da comedia.