Historia do Teatro Galego: Irmandades da Fala, Grupo Nós e Autores Clave
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,54 KB
O Teatro Galego e as Irmandades da Fala (IDF)
As IDF impulsaron a creación dun teatro nacional debido ao predominio do español, onde o galego tiña unha presenza secundaria e relegada a aparecer como lingua labrega con intención cómica. O obxectivo era transformar a sociedade e regaleguizala.
Buscábase que personaxes das clases medias e altas, con temática universal, falasen un galego culto, representando personaxes refinadas.
Institucións para a Modernización Teatral
Para a modernización, creouse o Conservatorio Nacional de Arte Galega (CNAG). Cabanillas, por exemplo, fai unha obra de clase alta, nun pazo, onde se fala galego con tema universal (o amor). O seu éxito foi “A man do Santiña”.
Esta modernización chocaba cos que concibían o teatro galego como ruralista, cun público acostumado a velo en castelán. Isto levou á substitución do CNAG pola Escola Dramática Galega de Leandro Carré Alvarellos, que tivo maior éxito.
Cadros de Declamación e Coros Populares
Á vez, naceron cadros de declamación nas Irmandades:
- En Ferrol: Toxos e Froles.
- En Santiago: Cotarelo Valledor crea o Cadro de Declamación.
Noutras localidades creáronse coros populares.
O Teatro durante a Ditadura de Primo de Rivera
Durante a Ditadura de Primo de Rivera, apenas houbo teatro galego de calidade.
Antón Villar Ponte e a súa Obra
Antón Villar Ponte propón teatro baseado en lendas populares para o público popular e teatro íntimo para os minoritarios e culto.
Este autor ten unha extensa obra en dúas etapas:
- Teatro social: Influenciado polo teatro castelán co que tivo éxito Manuel Lugrís Freire, un nacionalista que tomará como modelo o folk drama irlandés, con influencia de Valle Inclán.
- Traducións: Traduce obras clásicas de Shakespeare e Molière ao galego.
Obras Mestras do Teatro Galego
As mellores obras do teatro galego son:
- “O Mariscal” (Villar Ponte e Cabanillas).
- “A fiestra valdreira” (Rafael Dieste).
Análise de 'A fiestra valdreira'
“A fiestra valdreira” é considerada unha obra mestra do xénero e está chea de elementos vangardistas. Está dividida en tres lances. A acción sitúase a comezos do século XX nunha vila mariñeira. A trama xira arredor do personaxe central que retorna enriquecido da emigración, cun cadro polémico que o representa.
O Grupo Nós e a Escena
Os membros do Grupo Nós tamén contribuíron ao teatro:
Vicente Risco
A súa obra “O bufón de El-Rei” é un drama simbólico da época medieval. O protagonista é un bufón intelixente e malvado que namora da raíña e se alía co rei.
Otero Pedrayo
Destacado innovador no teatro. As súas obras inclúen:
- “A lagarada”: Drama rural con personaxes movidos por paixóns elementais.
- “O desengano do prioiro”: Farsa que critica a industrialización.
Castelao
Castelao mostrou interese pola forza plástica e expresiva do teatro, deseñando decorados de obras teatrais como “Divinas Palabras” de Valle Inclán. No exilio compuxo a súa única obra teatral:
“Os vellos non deben de namorarse”: Drama dun vello que se namora dunha rapaza nova e remata coa morte do protagonista.