Xeración Nós: Risco, Cuevillas, Pedrayo e Losada - Literatura Galega

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,39 KB

Xeración Nós

Formada por Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Otero Pedrayo e Anton Losada. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á xeración das Irmandades da Fala. As características comúns: a súa procedencia social acomodada e a evolución cara o galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. A eles uniuse Castelao.

A Revista Nós

O nome do grupo procede da revista Nós, que foi fundada en Ourense en 1920 e desapareceu en 1936, publicáronse 144 números. Foi a publicación máis importante da Galiza da preguerra. O seu principal logro no plano literario foi a consolidación e modernización da prosa, e no plano político foi que participaron nas teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista.

Vicente Risco (Ourense, 1884-1936)

Desde a infancia ten amizade con Otero Pedrayo e Cuevillas. Funda a revista La Centuria (1927) en colaboración con Otero e Cuevillas. Tratábase dunha revista literaria e teosófica que expresa o interese naquel tempo polo ocultismo e o orientalismo. A fins de 1917 únese ás Irmandades da Fala e inicia a súa etapa galeguista. En 1920 publica Teoría do Nacionalismo Galego. En 1920 funda a revista Nós e asume a dirección literaria da mesma. Cando en 1923 se funda o Seminario de Estudos Galegos, Risco encargarase da dirección da sección Etnografía e Folclore. En 1933 publica na revista Nós o texto Nos, os inadaptados no que explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica. En 1931 funda con Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Galego que conflúe na creación do Partido Galeguista pero abandona este cando se integra na Fronte Popular. O porco de pé representa o materialismo e vulgaridade da nova burguesía.

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976)

En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala e máis tarde únese ao Seminario de Estudos Galegos. Tamén comeza a súa actividade política coa fundación do Partido Nacionalista Republicano, integrado logo no Partido Galeguista, onde comparte actividade política con Castelao, Risco, Alexandre Bóveda... Os camiños da vida é a súa principal novela e primeira gran novela da literatura galega. Trata sobre os cambios que se producen na Galiza do século XIX fundamentalmente na decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía.