cantigas de amigo

Otras lenguas extranjeras7,24 KB

Autores e intérpretes

 Na creación e interpretación das cantigas participaban diferentes persoas: *

Trobador. Era o poeta ou compositor das cantigas. Pertencia á nobreza ou ao clero. Moitos tiñan ao seu servizo un xograr. *

Xograr. Era o intérprete das cantigas dos trobadores en prazas e castelos. De procedencia social mais baixa, cobraba polo seu traballo ou aceptaba as es- molas do público. Algúns escribiron as suas propias cantigas, polo que foron ridiculizados polos trobadores.

Segrel. Interpretaba as súas propias cantigas e obtina un beneficio econdmi- co. Pertencia a unha categoría social intmedia entre trobador e xograr

Menestreis. Eran os músicos que acompanaban a Interpretación das cantigus.

Soldadeiras. Eran mulleres que acompañapan con danzas a actuación dos xd grares Nas cantigas de escarnio aparecen numerosas sátiras contra elas Soldadeira máis famosa foi María Pérez, a Balteira.


Na lírica profana diferenciamos tres grandes xéneros: as cantigas de amigo, as cantigas de amor e as cantigas de escarnioe maldicir. A lírica relixiosa está constituida polas Cantigas de Santa María

Os cancioneiros textos da lírica profana consérvase en tres grandes cancioneiros: Cancioneiro de Ajuda, códice manuscrito de fins do s. XIII que contén 300 cantigas de amor.

Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, ou Colocci-Brancuti, o máis completo, que contén case 1600 cantigas e tamén un importante tratado de poética,

Cancioneiro da Vaticanas.

Ademáis, conservamos outros manuscritos:

O Pergamiño Vindel :que contén as sete cantigas de Martín Códax coa súa notación musical.

O Pergamiño Sharrer, que contén sete cantigas de Don Denis, coa notación musical.

0 Cancioneiro da Biblioteca Bancroft, copia do Cancioneiro da Vaticana


Carácterísticas do galego medieval

A lingua medieval tiña moitos trazos diferentes do galego actual.

GRAFÍAS -Existencia de grafías que hoxe desapareceron: c rara, j, lh, nh

Vacilacións gráficas (distintas grafías dun mesmo fonema)

FONÉTICA- Abundancia de vogais nasais pola perda do -n- latino: bőas, mão (man).

• Fonemas consonánticos hoxe desaparecidos, como as parellas de fonemas sibilantes xordos e sonoros: nosso [s]/ casa [s sonoro], cervo [ts]/ prazer [dz).

MORFOSINTAXE •Os substantivos rematados en -or carecían de morfema de feminino: o/a senhor.

LÉXICO • Palabras hoxe desaparecidas: eire (por onte), cras (por mañá). Moitas delas procedentes do provenzal: asaz (abondo), solaz (pracer), cobra (estrofa), vir- geu (verxel), talán (vontade).


O latín vulgar falado polos habitantes da Galicia foi evolucionando ata dar lugar, xa a partir do século Ix, a unha lingua que chamamos galego ou galego- portugués. Na Idade Media a lingua galega vive unha etapa de esplendor. A Galicia medieval era un territorio monolingüe, posto que o galego era a única lingua empre- gada por toda a poboación, desde reis a nobres ou campesiños, e usábase tanto a nivel oral como escrito. Nun primeiro momento, era só unha lingua oral, xa que o latín seguía sendo a única lingua escrita, pero pouco a pouco foise xenerali- zando o emprego do galego-portugués para a redacción de todo tipo de textos, Os primeiros testemuños escritos en galego datan do século X e son anotacións sobre outros textos, pero co tempo o seu emprego esténdese a todo tipo de obras en prosa: documentos notaríais, crónicas, obras didácticas.. Na fin do século XII convértese en lingua literaria, e xorde unha importante litera- tura: a lírica galego-portuguesa medieval. O galego-portugués convértese así nun dos idiomas máis prestixiosos da Península Ibérica e na lingua poética por excelencia na que trobadores e xograres de distinta procedencia compoñen as cantigas. No século XIl prodúcese a separación de Galicia e Portugal: Portugal convérte- se en reino independente e Galicia intégrase na coroa de Castela e, a partir da segunda metade do século XIV, o castelán comezará a introducirse nas clases dirixentes (nobreza e igrexa).


Galicia na Idade Media A Galicia medieval era unha sociedade feudal con tres estamentos fundamen tais: nobreza, clero e campesiñado. A majoria da poboación estaba formada por labregos que traballaban as terras da nobreza a cambio da sủa protección. Ela unha sociedade xerarquizada, organizada en forma de pirámide, en cuxo vértice estaba o reí. Nos séculos XII e XII (Baixa Idade Media) Galicia coñece, como o resto de Euro- pa, un período de auxe económico e social: crecemento demográfico; melloras na agricultura; nacemento das cidades, onde xorde unha nova clase social, a burguésía, dedicada å artesanía e ao comercio As clases altas ocupaban o seu tempo de lecer en actividades relacionadas cos xogos (dados, xadrez.), a caza, os torneos, a música ou o baile. O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago no ano 813 converte a Com- postela nunha das grandes cidades de Europa e punto de destino de peregri- nos de toda a cristiandade. A través do Camiño chegan as correntes culturáis europeas do momento, que se mesturan coa cultura autóctona e dan lugar a un importante florecemento artístico cuxas mostrás máis importantes son a arte ROMánica e a literatura galego-portuguesa. Litoratura galogornortuauesa medieval


A lite A literatura galego-portuguesa medieval está formada por un conxunto de tas fundamentalmente poéticos, compostos entre fins do século XII e media- dos do século XIV A lírica medieval Entre todos os textos poéticos destaca a lírica profana, integrada polas chama- das cantigas medievais. Ten en En Galicia existía desde tempos prehistóricos unha rica veta de cantigas popula- res relacionadas coa danza, a celebración das colleitas, a chegada da primavera ou das choivas, etc. Esta lírica popular conflúe coa lírica provenzal ou occitana que chega aquí a través do Camiño de Santiago. Da uníón de ambas nace a fináis do século XII a lírica galego-portuguesa medieval. Comeza a lírica unidade da lírica

https://ssl.Gstatic.Com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.Gif

Descargar

PDF Word HTML