Dixestión Humana: Proceso Completo e Absorción de Nutrientes Esenciais
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Biología
Escrito el en
español con un tamaño de 3,28 KB
O Aparello Dixestivo e o Proceso de Dixestión
A dixestión é un proceso que se realiza dentro do aparello dixestivo. Consiste en esmiuzar os alimentos para que as encimas dos zumes dixestivos convertan as moléculas noutras máis pequenas, que poidan ser absorbidas e utilizadas polas células.
1. Fases Clave do Proceso Dixestivo
O proceso dixestivo divídese en varias etapas fundamentais:
- Inxestión: Toma de alimentos.
- Dixestión: Descomposición mecánica e química dos alimentos.
- Absorción: Paso dos nutrientes do tubo dixestivo ao sangue.
- Asimilación: Utilización dos nutrientes polas células.
- Defecación: Eliminación das substancias non absorbidas.
2. Tipos de Procesos Dixestivos
2.1. Procesos Mecánicos
Os procesos mecánicos inclúen a mastigación, que se realiza na boca pola acción combinada de dentes e lingua, e a atrituración do bolo alimentario no estómago.
2.2. Procesos Químicos
Nos procesos químicos, as moléculas contidas nos alimentos fragméntanse grazas á acción das encimas que conteñen os zumes dixestivos.
3. Dixestión en Órganos Específicos
3.1. Dixestión na Boca
A dixestión comeza na boca cos procesos de mastigación e salivación. Durante estes procesos, a saliva mestúrase co alimento triturado. A saliva contén a encima amilase salivar, que converte unha parte do amidón en glícidos máis sinxelos.
3.2. Dixestión no Estómago
Mediante os movementos peristálticos, o bolo alimentario chega da boca ao estómago. Á vez que o estómago se enche, o estiramento e o contido químico estimulan as contraccións que permiten a mestura da comida coas secrecións gástricas, a súa trituración e a formación do quimo.
3.2.1. Substancias Segregadas no Estómago
As paredes do estómago conteñen glándulas dixestivas que segregan as seguintes substancias:
- Moco: Protexe as paredes do estómago do ataque do zume gástrico.
- Pepsina: Inicia a dixestión das proteínas, fragmentándoas en moléculas máis pequenas.
- Ácido Clorhídrico: Elimina a maioría dos xermes que inxerimos cos alimentos.
4. O Papel Fundamental das Encimas
As encimas son proteínas que permiten que as reaccións bioquímicas se realicen a gran velocidade e a unha temperatura relativamente baixa.
5. Absorción de Nutrientes no Intestino Delgado
A mucosa, ou capa interna do intestino delgado, está pregada e ten unhas proxeccións en forma de dedo denominadas vilosidades. As células epiteliais que recobren as vilosidades, denominadas enterocitos, teñen repregamentos de membrana ou microvilosidades. As encimas converten os alimentos, agás a fibra vexetal, nunha disolución de moléculas sinxelas que se absorbe na mucosa do intestino delgado:
- Os monosacáridos, aminoácidos e vitaminas hidrosolubles pasan directamente ao sangue.
- Os ácidos graxos e a glicerina, xunto coas vitaminas liposolubles, primeiro pasan aos vasos linfáticos e, posteriormente, ao sangue.