O espello do viaxeiro e outros relatos de Xosé Neira Vilas: Cuentos gallegos sobre el destino y la muerte
O espello do viaxeiro
Un home volve á casa familiar logo de sete anos de andar polo mundo, para facerse cargo da herdanza dos seus pais mortos. Perdido na noite, vai dar a unha ferraría, onde só está o dono, que é fisicamente igual a el salvo que non ten a pálpebra do ollo esquerdo. O que sucede ao longo desa noite obrigará ao viaxeiro a ocupar o lugar do ferreiro.
O Fornadas
Contado a modo de sucedido, a partir dunha conversa do narrador co pai, incorporando recursos propios da tradición popular. Tres das vítimas dunha vella moi ruín decidiron darlle un escarmento e acabaron matándoa a golpes. Cando foron queimar o seu corpo a un forno abandonado, nun momento dado incorporouse, anunciando que se vingaría. A súa vinganza será máis cruel do que imaxinar poidamos.
A loba
Silvestre levou a moza á Coruña para desfacer o fillo que el axudara a facer. E logo casou con outra. O día da voda, a primeira moza foille dicir que lle debía un fillo. Logo, enforcouse, o crego non a deixou soterrar no camposanto, os lobos abriron o cadaleito e alí so quedou a mortalla rabuñada e desfeita. Tempo despois aparece convertida na xefa dunha manda de lobos terribles, que os homes non daban matado. Desa maneira volve buscar o fillo de Silvestre; el prenderalle lume a un palleiro para queimala a ela e morrerán os tres.
O cumpremortes
A un home que vive só chegoulle un día unha carta en sobre de loito felicitándolle polo cumpremortes, pois un día como aquel había de morrer. Cada vez na mesma data, ata que lle avisa que este é o último. Buscando evitar que se cumprise a súa morte, escapou para outra cidade, sen deixar rastro. Paga por adiantado, escapa da pensión na que está, vaise durmir a outra, logo sae á rúa para non quedar esperando e atopa a unha muller. Ela confésalle que era aquela a quen lle foi dado saber que ía morrer en tal día coma hoxe e comunicoullo, pero non sempre se atina, non con aqueles que usan da liberdade para tomar a vida e o propio destino opoñéndose ao que estaba ditado, porque os homes que actúan como tales invéntano e escríbeno eles mesmos.