Estratexias Efectivas para a Xestión do Estrés e o Benestar Emocional

Otras lenguas extranjeras4,51 KB

Estratexias para dominar o estrés foron:

  • Xogar ou outras tarefas activas (52 %).
  • Escoitar música (44 %).
  • Ver a TV ou xogar a un videoxogo (42 %).

Ningunha estratexia implicaba a introspección ou a meditación.

“As investigacións sobre a adaptabilidade apuntan a que un dos factores protectores máis importante para un neno é:

  • A presenza de, polo menos, un adulto afectuoso e amable (idealmente dous) que o valore (Linda Lantieri).

Os nenos necesitan aprender, na casa e na escola:

  • Habilidades sociais.
  • Habilidades emocionais.

Ter oportunidade para practicalas. De tal xeito que estean dispoñibles cando as necesite.

As habilidades sociais e emocionais, así como as oportunidade para practicalas, refórzanse:

  • Relaxando o corpo.
  • Concentrando a mente.

Estas estratexias:

  • Aumentan a materia gris do cerebro.
  • Melloran o sistema inmunolóxico.
  • Reducen o estrés.
  • Inducen a unha sensación de benestar.

Investigacións ao efecto demostraron que o alumnado que practicaba estas estratexias:

  • Era menos agresivo.
  • Menos desafiante co profesorado.
  • Estaba máis atento na clase.
  • Dicían ter máis emocións positivas (incluído o optimismo).

O estrés rexístrase no corpo como unha reacción diante o perigo, coñecida como a resposta de agresión, fuxida ou inmobilidade, que é unha resposta innata e automática. Provoca un conxunto de reaccións fisiolóxicas:

  • Aumenta a frecuencia cardíaca.
  • O sangue distribúese cara os músculos para aumentar a forza.
  • Dilátanse as pupilas.
  • Detense a dixestión.

Na vida actual abúsase destas respostas, porque respondemos a moitas situacións como se estivese en perigo a nosa vida, cando non é así.

Como resultado, o noso sistema nervioso non ten tempo de recuperarse.

Como resultado, o estrés cronifícase e o corpo non pode enfrontarse a el e a sobrecarga de estrés pode conducir a unha enfermidade relacionada co estrés.

As investigacións trataron de atopar un mecanismo de compensación diante desta sobrecarga, e comprobouse que a relaxación cumpría esta función.

A resposta de relaxación é necesario exercitala:

  • Concentrarse en respirar profundamente.
  • Ser conscientes de cales son os nosos factores de estrés. Apreciar a forma en como reacciona o noso corpo.
  • A tensión nos músculos é un sinal que produce o corpo cando estamos estresados.

Indicadores na aula de posibles desaxustes emocionais

Hendrick (1990) propón que cando o alumno chega por primeira vez á escola, o mestre pode valorar, por medio da observación, se ese alumno manifesta conductas susceptibles de ser consideradas indicativas de posible desaxuste emocional. Entre outras pode comprobar:

  • Se exercita a súa iniciativa e autonomía, proporcionándolle ao neno múltiples e variadas experiencias. Se non actúa con certa independencia, se non sabe ou non é capaz de decidir o que quere facer, se non ten ideas propias ou non mostra entusiasmo nin decisión para levar a cabo, incluso, as ideas dos outros, o mestre debe tomar nota.
  • Se non aprende pronto a separarse da familia e empeza pronto a relacionarse cos demais na escola. Este extremo podemos comprobalo observando ao neno cando se desprende da familia, cando está cos compañeiros e cando interactúan con el.
  • Se non aprende a adaptarse ás rutinas escolares, pois un rexeitamento firme a adaptarse é un signo claro de que o neno necesita axuda para tratar de modificar o seu comportamento.
  • Se non se integra ben no xogo pois, precisamente, unha característica común a tódolos nenos con trastornos emocionais de certo nivel é que non poden xogar dunha forma satisfactoria. Pola contra, a habilidade para disfrutar xogando, só ou con outros nenos, non só é un signo de saúde mental, senón que tamén axuda a mantela.
  • Se non é capaz de manter unha certa concentración, pois hai nenos que non poden estar quedos e prestan unha atención moi superficial ao que sucede na aula; é dicir, son incapaces de concentrarse un mínimo de tempo. Son varias as causas que poderían explicar este feito (malos hábitos, causas conxénitas, etc.) pero as causas máis comúns son a ansiedade e a tensión.

Descargar

PDF Word HTML