Estudio do Rexurdimento Galego: Eduard Pondal, Manuel Curros Enríquez e Conjugacións Verbais

Otras lenguas extranjeras9,9 KB

Eduardo Pondal e a Obra Épica

Eduardo Pondal é un dos grandes autores do Rexurdimento. Destaca o simbolismo nos seus poemas. Pondal recrea literariamente o pasado histórico de Galicia e elabora un mundo poético de ton épico, poboado de personaxes dotados dunha forte carga simbólica (guerreiros, bardos...). Deste xeito, atopará no celtismo o fundamento ideolóxico que xustifique o feito diferencial galego e poñerá a súa arte ao servizo dos galegos.

Asume o rol de ser o “bardo galego” e sente o compromiso de dar a coñecer estas orixes e así devolverlles aos galegos o orgullo de selo, para que así podan vivir o presente como dignos herdeiros desta raza celta, esforzada e heroica. A tradición conta que nos últimos días da súa vida dixo: “Déchesme unha lingua de ferro e déixoche unha lingua de ouro”. Esta anécdota ilustra perfectamente o obxectivo do autor, quen se preocupou por depurar a lingua galega para convertela nun instrumento apto para a elaboración dunha poesía culta.

Os Eoas

Pondal traballou nesta obra ao longo da súa vida, mais o seu perfeccionismo fixo que non fose publicada en vida. Trátase dun canto épico ao descubrimento de América. Foi en 2005 cando se publicou a versión definitiva.

Biografía de Eduardo Pondal

Naceu en Ponteceso, morreu na Coruña e a súa morte marcaría o final do Rexurdimento. De orixe fidalga, mantívose solteiro toda a súa vida e viviu de rendas grazas á fortuna que o seu pai fixera en América. Estudou Medicina en Santiago mais só traballou como médico uns poucos anos. Participou nas actividades do “Liceo de la Juventud” e leu un poema no “Banquete de Conxo” en cuxo brinde escandalizaría á sociedade compostelá, case desterrándoo de Galicia.

Creador do Himno Galego (as primeiras catro estrofas do poema “Os pinos”), xuntábase con outros autores nun lugar coñecido como “A Cova Céltica”, onde perfeccionaban a obra Os Eoas. Considérase o bardo do pobo galego e dedicou a maior parte do seu tempo a investigar a orixe celta dos galegos e ao labor literario. Morreu na Coruña e foi soterrado no cemiterio de San Amaro.

Manuel Curros Enríquez e a Poesía Social

Curros Enríquez foi un poeta comprometido cunha causa política e social. Converteuse nun modelo poético a seguir por todos os autores galegos que en diferentes momentos adoptaron a liña poética centrada na crítica social. Conseguiu elaborar un discurso artístico valioso sen renunciar nunca á sinxeleza e á claridade lingüística, priorizando a fluidez do que quería comunicar sobre a estética da poesía. Tiña un espírito de rebeldía e de compromiso na loita contra as inxustizas, considerando a poesía como arma de combate.

Aires da miña terra

Trátase dunha liña temática de denuncia. Pretende enviar á sociedade unha mensaxe de loita, mostrando así as causas do atraso do país e dos seus responsables: a falta de liberdade, a incultura, o inxusto reparto de riquezas, a miseria...

Aspectos significativos da súa obra

  • Anticlericalismo: ataca a opresión da Igrexa.
  • Progreso tecnolóxico: eloxia a chegada a Ourense da primeira locomotora.
  • Denuncia social: expón a situación mísera do labrego.
  • Temas familiares: aborda feitos que afectan a familia, como o nacemento ou a morte dun fillo.

Biografía de Curros Enríquez

Curros Enríquez naceu en Celanova e tivo mala relación co seu pai, polo que con 15 anos marchou a Madrid. Comezou a estudar Dereito, pero non rematou a carreira. Traballou como xornalista, funcionario e correspondente de guerra, onde foi ferido. Participou na sociedade galeguista Galicia Literaria e, ao volver a Ourense, gañou un concurso literario con poemas como “A virxe do Cristal”, o que lle permitiu conseguir un traballo en Facenda. Casou polo xulgado e máis tarde pola Igrexa para ser aceptado pola sociedade ourensá.

Porén, entrou en conflito coa Igrexa tras publicar Aires da miña terra, obra censurada e denunciada polo bispo de Ourense, aínda que finalmente foi absolto. Tras a morte dun fillo e da súa nai marchou a Madrid, onde sufriu problemas económicos, separouse da súa muller e radicalizou a súa ideoloxía. Emigrou a Cuba, onde viviu dez anos. Xa enfermo, regresou a Galicia e recibiu varias homenaxes antes de volver a Cuba, onde morreu. O seu corpo foi trasladado á Coruña por petición da RAG e recibídeo un enterro moi multitudinario e polémico.

Conjugacións Verbais Regulares e Irregulares

Verbos Modelo

  • COMER: Presente > como; Pretérito > comín; Copretérito > comía; Antepretérito > comera; Pospretérito > comería; Futuro > comerei; Presente subx. > coma; Pretérito subx. > comese; Futuro subx. > comer; Infinitivo conx. > comer.
  • NOTAR: Presente > noto; Pretérito > notei; Copretérito > notaba; Antepretérito > notara; Pospretérito > notaría; Futuro > notarei; Presente subx. > note; Pretérito subx. > notase; Futuro subx. > notar; Infinitivo conx. > notar.
  • VIVIR: Presente > vivo; Pretérito > vivín; Copretérito > vivía; Antepretérito > vivira; Pospretérito > viviría; Futuro > vivirei; Presente subx. > viva; Pretérito subx. > vivise; Futuro subx. > vivir; Infinitivo conx. > vivir.

Verbos Irregulares

  • ESTAR: Presente > estou; Pretérito > estiven; Copretérito > estaba; Antepretérito > estivera; Pospretérito > estaría; Futuro > estarei; Presente subx. > estea; Pretérito subx. > estivese; Futuro subx. > estiver; Infinitivo conx. > estar.
  • DICIR: Presente > digo; Pretérito > dixen; Copretérito > dicía; Antepretérito > dixera; Pospretérito > diría; Futuro > direi; Presente subx. > diga; Pretérito subx. > dixese; Futuro subx. > dixer; Infinitivo conx. > dicir.
  • FACER: Presente > fago; Pretérito > fixen; Copretérito > facía; Antepretérito > fixera; Pospretérito > faría; Futuro > farei; Presente subx. > faga; Pretérito subx. > fixese; Futuro subx. > fixer; Infinitivo conx. > facer.
  • SER: Presente > son; Pretérito > fun; Copretérito > era; Antepretérito > fora; Pospretérito > sería; Futuro > serei; Presente subx. > sexa; Pretérito subx. > fose; Futuro subx. > for; Infinitivo conx. > ser.
  • IR: Presente > vou; Pretérito > fun; Copretérito > ía; Antepretérito > fora; Pospretérito > iría; Futuro > irei; Presente subx. > vaia; Pretérito subx. > fose; Futuro subx. > for; Infinitivo conx. > ir.
  • PODER: Presente > podo; Pretérito > puiden; Copretérito > podía; Antepretérito > puidera; Pospretérito > podería; Futuro > poderei; Presente subx. > poida; Pretérito subx. > puidese; Futuro subx. > puider; Infinitivo conx. > poder.

Fragmento Poético de "Os Pinos" (Himno Galego)

Que din os rumorosos,
na costa verdecente,
ao raio transparente,
do prácido luar?

Que din as altas copas,
de escuro arume arpado,
co seu ben compasado,
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido,
e de benignos astros,
confín dos verdes castros,
e valeroso chan,
non des a esquecemento,
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono,
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos,
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden,
o noso ronco son,
máis só os ignorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros,
non os entenden, non.

Os tempos son chegados,
dos bardos das edades,
que as vosas vaguedades,
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante,
a nosa voz pregoa,
a redenzón da boa,
nazón de Breogán.

Descargar

PDF Word HTML