Explorando a Nova Narrativa Galega: Unha Visión Xeral

Otras lenguas extranjeras3,41 KB

A Nova Narrativa Galega

Baixo esta denominación adoitase encadrar a un grupo de autores e obras, sobre todo dos anos 60 e 70, que propiciaron unha revisión das tendencias existentes ata ese momento. Son escritores que comezan a escribir a fins da década dos anos 50 e na década dos 60. Os autores que o compoñen teñen características comúns:

Características Comúns

  • Formación universitaria.
  • Coñecemento das tendencias da narrativa europea e americana.
  • Expresión do absurdo da existencia nun mundo sen sentido a través da inadaptación dos personaxes ao medio.
  • Intimismo e retrospección (viaxe ao pasado).
  • Recorrencia a un mundo simbólico.
  • Obxectalismo.

Obxectivos Comúns

  • Renovación da narrativa galega, tentando superar os modelos establecidos pola Xeración Nós.
  • Mantemento dunha actividade cultural e política galeguistas.
  • Total compromiso coa lingua galega.

Aspectos Formais

O Narrador

Se nos referimos ao narrador, domina o narrador en primeira persoa, que se centra na introspección ou mostra as cousas examinadas ao detalle. Tamén é frecuente o uso de múltiples perspectivas con varios narradores que contan o que ven.

Os Personaxes

Se nos referimos aos personaxes, atopámonos cuns personaxes desprovistos de caracterización psicolóxica, violentos e agresivos, a miúdo inmersos en estados de loucura.

Espazo e Tempo

Os espazos e o tempo tamén están prediseñados: ambientes urbanos, claustrofóbicos, sórdidos. Adquire moita importancia a simboloxía. Non existe unha orde cronolóxica. Desaparece a linealidade.

Temas Tratados

Os temas tratados son a presentación da angustia e illamento do home ante un mundo opresivo e a rebeldía xunto coa loita pola liberdade individual e colectiva.

Autores Representativos e Obras

  • Gonzalo R. Mourullo. Escribiu Nasce unha árbore e Memorias de Tains.
  • M. Xosé Queizán. Coa súa obra A orella no buraco.
  • Xohana Torres, coa súa obra Adiós María.
  • Méndez Ferrín. Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do Norte.
  • Carlos Casares. Vento Ferido e Cambio en tres.

Fóra das obras sinaladas dos dous últimos, estes posúen unha extensa narrativa que chega ata a actualidade e non debe ser adscrita á Nova Narrativa Galega, pero si á actual.

Méndez Ferrín

Naceu en Ourense en 1938. Estudou Filosofía. Colaborou activamente na vida sociopolítica do país. En 1965 participa na fundación da UPG. Máis tarde crearía a opción independentista Galicia Ceibe. Nacionalista radical e polémico.

A obra que incluímos na Nova Narrativa Galega é: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do Norte. Estas obras participan na renovación formal e de contidos da NNG.

Carlos Casares

Naceu en Xinzo de Limia en 1941. Estudou tamén Filosofía e Letras. Foi deputado do Parlamento galego e presidiu o Consello da Cultura Galega. Finalmente, director da Editorial Galaxia en Vigo, onde morre en 2002. A obra vinculada á NNG é Vento ferido (1962) e Cambio en tres (1969).

Descargar

PDF Word HTML