Compendio de Fonética e Gramática Esencial da Lingua Galega

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,08 KB

Fonética e Fonoloxía Galega

Clasificación dos Fonemas Consonánticos

A continuación, preséntase a clasificación dos fonemas segundo o seu punto e modo de articulación:

  • /b/: Oclusiva, bilabial, sonora.
  • /p/: Oclusiva, bilabial, xorda.
  • /d/: Oclusiva, dental, sonora.
  • /t/: Oclusiva, dental, xorda.
  • /g/: Oclusiva, velar, sonora.
  • /k/: Oclusiva, velar, xorda.
  • /f/: Fricativa, labiodental.
  • /θ, ð/: Fricativa, dental (xorda e sonora, respectivamente).
  • /s/: Fricativa, alveolar, xorda.
  • /ʃ/ (x): Fricativa, palatal, xorda.
  • /tʃ/ (ch): Africada, palatal, xorda.
  • /m/: Nasal, bilabial, sonora.
  • /n/: Nasal, alveolar, sonora.
  • /ɲ/ (ñ): Nasal, palatal, sonora.
  • /ŋ/ (nh): Nasal, velar, sonora.
  • /l/: Lateral, alveolar, sonora.
  • /ʎ/ (ll): Lateral, palatal, sonora.
  • /ɾ/: Vibrante simple, alveolar, sonora.
  • /r/: Vibrante múltiple, alveolar, sonora.

Regras da Nasal Velar (/ŋ/)

A nasal velar aparece en posición:

  • Final: (.,;...), palabra seguida por outra que comece por vogal que non sexan o ou a.
  • Interior: Seguidas de m, h, k, g, n, l, r, s.

Clasificación dos Fonemas Vocálicos

  • Vogal Aberta Central: /a/
  • Vogais Pechadas Palatais e Velares: /i/, /u/
  • Vogais Medias Palatais e Velares: /e/, /o/

Acentuación e Ortografía

Vogais Medias: Semiabertas e Semipechadas

Vogais Semiabertas (/ɛ/, /ɔ/)

Ocorren en palabras:

  • Rematadas en vogal tónica.
  • Monosílabas.
  • Rematadas en -el/-ol e os seus plurais.
  • Rematadas en -ela/-ero/-era/-oco/-oca/-orio/-oria/-erio/-eria/-estre/-ola/-ote/-ota.
  • En persoas ti, el e eles.
  • Verbos irregulares.
  • Nomes de letras.
  • Til diacrítico.

Vogais Semipechadas (/e/, /o/)

Ocorren en palabras:

  • Rematadas en -ón/-es/-ello/-eza/-oso/-edo/-eo/-or (agás corazón).
  • Ditongo ou.
  • Os perfectos de ser e ir.
  • Nomes de letras.
  • Verbos da 2ª conxugación (-er) con alternancia en eu, nós, eles.

Uso do Til Diacrítico

Úsase con til nas vogais semiabertas (agás por/pór semipechados, e/é semiabertos).

Regras Xerais de Acentuación

Regras Comúns

  • Non se acentúan os adverbios rematados en -mente.

Palabras Agudas

  • Acentúanse graficamente cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s ou en vogal + ns.
  • Non se acentúan cando son monosílabas nin cando acaban en ditongo decrecente (seguido ou non de n ou s) ou noutra consoante que non sexa -n ou -s.

Palabras Graves (Llanas)

  • Acentúanse cando rematan en consoante distinta de -n ou -s e en grupos consonánticos distintos de -ns.
  • Non se acentúan as rematadas en vogal, vogal + n, vogal + s ou vogal + ns.

Palabras Esdrúxulas

  • Sempre levan tilde.
  • Non levan acento gráfico as vogais i, u tónicas cando forman ditongo decrecente coa vogal que as segue.

Morfoloxía

Cambio de Xénero

Exemplos de alternancia:

  • án/á
  • ón/oa
  • ano/ana

Formación do Plural

O plural fórmase mediante:

  • -s
  • -es
  • -is
  • Non ten (invariábeis)

Ditongos

Ditongos Decrecentes

ai, ei, oi, ui, au, eu, ou, iu

Ditongos Crecentes

ia, ie, io, iu, ua, ue, uo, ui

Valores do Pronome “Se”

  • Impersoal: Non o fai unha persoa, só admite o verbo en 3ª persoa.
  • Reflexivo: A un mesmo, en calquera persoa.
  • Recíproco: Entre dúas persoas, no plural.
  • Formante de Verbo: Calquera persoa.

Clases de Palabras

Preposicións

Tipos de Preposicións

  • Propias: a, ante, baixo...
  • Impropias: fóra, segundo, onde...
  • Locucións Prepositivas: Conxunto de palabras que funcionan como unha preposición (a última sempre é unha preposición): en vez de...

Lista de Preposicións e Locucións

agás/bardante/menos/salvo, canda, cas, malia, segundo, a carón de, ao pé de, a rente(s) de, a poder de, de par de, co gallo de, a/en prol de, por mor de, verbo de, alén de, encol de, en troques de, cabo de, en fronte de, no canto de...

Adverbios

Clasificación segundo a súa función:

  • Lugar: Onde?
  • Tempo: Cando? (Situación do tempo)
  • Modo: Como?
  • Cantidade: Canto?
  • Negación Total: Non
  • Negación Parcial: Ningún
  • Afirmación
  • Dúbida

Conxuncións

Tipos de Conxuncións

  • Copulativas: e, mais, nin, a mais, e mais.
  • Distributivas e Disxuntivas: ou, ben...ben, cal...cal, nin...nin, ora...ora, quer...quer, xa...xa.
  • Adversativas: mais, pero, senón, agás que, non obstante, poren...
  • Concesivas: aínda que, a pesar de que, así, mesmo que, nin que, pese a que, por máis que, por moito que.
  • Condicionais: se, con que, con tal que, caso de que...
  • Causais: porque, que, dado que, pois, pois que, por causa de que, por mor de que, posto que, xa que...
  • Consecutivas: conque, daquela, de aí que, de forma que, de maneira que, de xeito que, entón, logo, polo tanto, xa que logo...
  • Finais: a fin de que, para que, que, en favor de que...
  • Locativas (Lugar): onde, onde queira que.
  • Temporais: cando, antes de que, asemade, ata que, axiña que, cada vez que, desde que, despois de que, mentres...
  • Modais: como, como se...
  • Comparativas: ca, que, como, coma.
  • Completivas: que, se.