Lingua Galega na Idade Media: Orixe, Evolución e Substitución Lingüística
LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA
O latín desta época baseábase en dúas variantes: o latín culto (escrito) e o latín vulgar (oral). Estas dúas variantes coñécense co nome de endodiglosia. A variante vulgar dará lugar ao galego-portugués, nacido polo século IX.
A partir do século IX podemos falar de dúas etapas:
- Galego: lingua oral e non escrita (séculos IX, X, XI e XII). Nesta etapa falaríamos de exodiglosia.
- Galego: lingua oral e lingua escrita (séculos XII, XIII, XIV e XV). Son desta época os primeiros documentos notariais e os primeiros textos literarios.
ETAPA TROBADORESCA
Nesta etapa desenvólvese a lírica galego-portuguesa, recollida nos Cancioneiros e Pergamiños. A lingua empregada convértese en lingua lírica de todos os reinos cristiáns da Península, excepto Cataluña. Tamén na literatura, o galego-portugués comeza a ser empregado na narrativa.
ETAPA POSTROBADORESCA (XIV-XV)
Desaparece a lírica galego-portuguesa e aparece a lírica galego-castelá. Durante estes séculos, o galego era a lingua oficial, substituíndo o latín. O emprego das linguas románicas vese impulsado polas cortes reais, que ordenan aos escribáns utilizar o romance vulgar.
- Galicia a partir de 1230 convértese nun reino sen rei e verá vinculada coa Coroa de Castela e León.
- Século XIII: Fernando III e Afonso X utilizaron o castelán para dirixirse a Santiago.
- Século XIV: derrota de Pedro I por Henrique de Trastámara, e iso trae a entrada do castelán e da nobreza foránea.
- Século XV: Isabel e Xoana (RR.CC.) e a introdución definitiva do castelán.
En 1480, os escribáns galegos eran examinados polo Real Consello de Toledo. Deste feito podemos falar de dous procesos de substitución lingüística:
- Linguas indíxenas polo latín.
- O galego polo castelán a finais da Idade Media.
DIFERENZAS
- O latín substitúe varias linguas.
- Cando se produce a imposición do castelán, Galicia xa estaba dotada de unidade política.
- O latín era unha lingua moi diferente das indíxenas.
- O castelán é irmán do galego, sendo as dúas moi parecidas entre si.
ESTUDO DA LINGUAXE
- Lingüística xeral: estrutura da linguaxe.
- Lingüística descritiva: estuda como é unha lingua nun momento concreto.
- Lingüística histórica: estuda como as linguas cambian no tempo.
- Lingüística sincrónica: estuda a lingua nun momento dado.
- Gramática:
- Fonética: estudo dos sons.
- Fonoloxía: os fonemas.
- Morfoloxía: estudo das palabras.
- Sintaxe: frases e oracións.
- Semántica: estuda os significados.
- Lingüística textual: estuda os textos.
- Dialectoloxía: estuda as variedades da lingua.
- Sociolingüística: estuda a lingua na sociedade.