A Narrativa da Posguerra en Galicia: Autores Claves e Evolución Literaria
A Narrativa da Posguerra
Evolución Histórica da Literatura Galega
- A partir dos anos cincuenta: Recupérase paulatinamente a produción literaria na nosa lingua, sobre todo grazas á Editorial Galaxia. Centrándonos no xénero narrativo, os escritores máis significativos son Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole, cuxas producións literarias continuarán nas décadas seguintes.
- Nos anos sesenta: Aparece unha nova xeración —a «Nova Narrativa Galega»— que vai renovar a nosa literatura mediante a incorporación de novas técnicas e novos temas. Intégrana escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xoana Torres e M. Xosé Queizán (estudarémolos na unidade 7).
- A partir dos setenta: Danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá... que irán consolidando a importancia da narrativa galega.
Álvaro Cunqueiro
Narrativa
Escribiu novelas e libros de relatos.
- Novelas:
- Merlín e familia
- As crónicas do sochantre
- Se o vello Sinbad volvese ás illas
- Libros de relatos: Os tres libros de relatos (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes) forman unha especie de triloxía, xa que teñen a mesma temática e estrutura. Son retratos breves de personaxes populares vinculados coa tradición oral nos que, mediante o humor e a fantasía, presenta a psicoloxía do home galego e as circunstancias do seu vivir.
Outros Xéneros
- Poesía: Dona do corpo delgado e Herba aquí ou acolá.
- Teatro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A noite vai coma un río.
- Ensaio: Tesouros novos e vellos.
Ánxel Fole
Narrativa
Fole foi un mestre do relato curto. A súa obra narrativa está formada principalmente por catro libros de contos:
- Os dous primeiros: Á lus do candil e Terra brava.
- Os dous últimos libros: Contos da néboa e Historias que ninguén cre.
A técnica narrativa de Fole está baseada no conto popular de tradición oral: fórmulas introdutorias, remate sentencioso, apelacións ao oínte..., de aí que os seus relatos produzan unha sensación de oralidade. Ademais, recorre tamén á técnica do conto enmarcado, ou conto dentro do conto, ao presentar sempre uns personaxes que se xuntan para contarse historias.
Teatro
- Pauto do demo