Recursos: Aqueles bens materiais e servizos que proporciona a natureza sen alteración por parte do ser humano, e que son valiosos para as sociedades humanas por contribuír ao seu benestar e desenvolvemento de maneira directa (materias primas, minerais, alimentos) ou indirecta (servizos ecolóxicos).
Renovables: Actúan segundo a súa facilidade e taxa de rexeneración.
Non renovables: Son aqueles que se forman nun lugar ao longo de millóns de anos e cuxo consumo é máis rápido que a súa rexeneración natural.
Reutilización: Consiste no emprego de residuos ou materiais en procesos de fabricación ou usos distintos aos da súa formación orixinal.
Reciclaxe: Consiste no emprego de materiais recuperados nos mesmos procesos que os da súa produción orixinal.
2. Fontes de Enerxía
Enerxía Nuclear
Fisión nuclear: É a división do núcleo dun átomo pesado. O núcleo convértese en diversos fragmentos cunha masa case igual á metade da masa orixinal, máis dous ou tres neutróns e unha gran liberación de enerxía.
Fusión nuclear: É a reacción nuclear na que dous núcleos de átomos lixeiros, en xeral o hidróxeno e os seus isótopos, se unen para formar outro núcleo máis pesado, liberando unha gran cantidade de enerxía.
Enerxías Renovables
Enerxía solar: É a principal fonte de enerxía do noso planeta. Emprégase a calor do sol para a produción de electricidade, capturando e concentrando a luz solar en colectores. Almacénase en fluídos térmicos (como aceites térmicos) e convértese en electricidade. Os materiais están sometidos a altas temperaturas. Existen dous tipos principais: térmica e fotovoltaica.
Enerxía xeotérmica: É a enerxía que se atopa no interior da Terra en forma de calor, como resultado da desintegración dos elementos radioactivos e da calor remanente que se orixinou nos primeiros momentos de formación do planeta. A enerxía xeotérmica maniféstase por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, géyseres e fontes termais.
Enerxía eólica: É a enerxía que se obtén do vento. Esta fonte de enerxía vén sendo aproveitada dende a antigüidade por diversos medios, en particular muíños en terra e velas no mar. É un recurso abundante, renovable, limpo e axuda a minguar as emisións de gases de efecto invernadoiro ao substituír centrais termoeléctricas baseadas en combustibles fósiles, o que a converte nun tipo de enerxía verde. O seu principal inconveniente é a súa intermitencia.
Enerxía mareomotriz: Obtense aproveitando as mareas. Mediante o seu acoplamento a un alternador pódese utilizar o sistema para xerar electricidade, transformando así a enerxía mareomotriz en enerxía eléctrica.
Enerxía hidráulica: Obtense a partir da enerxía potencial e cinética contida nas masas de auga que transportan os ríos, provenientes da choiva e do desxeo. A auga, na súa caída entre os niveis do leito fluvial, faise pasar por unha turbina hidráulica, a cal transmite a enerxía mecánica a un alternador que a converte en enerxía eléctrica.
3. Recursos Biolóxicos
Acuicultura: Conxunto de actividades encamiñadas ao cultivo e cría de especies acuáticas (animais e vexetais). Os cultivos acuícolas implican a repetición total ou parcial do ciclo biolóxico natural daquelas especies acuáticas seleccionadas.
4. Procesos Xeolóxicos Externos e Dinámica de Ladeiras
Meteorización: Descomposición e alteración das rochas e minerais que as integran por acción superficial da atmosfera.
Mecánica (ou física): Actúa especialmente en climas extremos onde predomina a fracturación sen alteración química (descompresión ou laxamento, xelivación, expansión térmica, cristalización intersticial de sales e acción biolóxica).
Química: Precisa auga líquida para levarse a cabo e altera a composición mineralóxica das rochas.
Sistema de ladeira: Prodúcese erosión areolar debida á auga da escorrenza superficial; os produtos da erosión acaban incorporándose ao río.
Arroiada: Erosión límpida ou en sucos que orixina regueiros, sucos e cárcavas.
Efecto ou diagrama de Hjulström: Gráfico e modelo que analiza a relación entre o tamaño das partículas (sedimentos) e a velocidade da corrente de auga para que se produza a erosión, o transporte ou a sedimentación.
5. Cursos do Río e Morfoloxía Fluvial
Curso alto: Posúe grande enerxía potencial debida á diferenza de altitude con respecto ao seu nivel de base. Predominan a erosión e o transporte.
Curso medio: Predominan o transporte e a sedimentación; fórmanse as chairas de inundación, que resultan moi fértiles grazas aos depósitos aluviais.
Curso baixo: Tramo próximo á desembocadura do río e achegado ao nivel de base. O perfil lonxitudinal do leito faise practicamente chan e predomina a sedimentación.
6. Medidas de Mitigación ante Riscos de Inundación
Solucións estruturais
Construción de diques de contención.
Diminuír o campo de inundación e canalizacións.
Aumentar a capacidade e sección do leito fluvial.
Medidas de laminación: construción de encoros augas arriba para reter o caudal punta e regular as crecidas.
Reforestación da conca e medidas de conservación do solo.
Solucións non estruturais
Elaboración e actualización de mapas de risco e de perigosidade.
Ordenación axeitada do territorio e regulación dos usos do solo nas zonas inundables.