A Visión de Benevolo sobre a Cidade Neoconservadora e a Resposta do Movemento Moderno
Leonardo Benevolo: A Proxectación da Cidade Moderna (1969)
O fenómeno de conurbación de Patrick Geddes como un concepto unificador: os límites administrativos deixaban de ter validez, e os pobos quedaban absorbidos polas cidades. A arquitectura moderna debe suxerir un novo tipo de cidade.
Benévolo expón que, xa que se vai a relacionar e contrapoñer a algo, define esa cidade da que parte o Movemento Moderno, así como a solución que lle dá o Movemento Moderno a esa cidade que definía Patrick Geddes.
Contexto Histórico da Cidade de Entreguerras
Benévolo describe a cidade de finais do século XIX, a cidade coa que se atopa o Movemento Moderno. Describe a cidade de entreguerras. Nesta época desaparecen catro imperios: o Otomán, o Ruso, o Alemán... É época de nacemento do Nazismo. Aparecen o Socialismo Utópico e o Movemento Obreiro.
Estamos nun momento de crecemento desmesurado. É o momento da publicación de "El proceso" de Kafka (publicada postumamente en 1925), Chaplin... Aparece o Estado Nacional, é dicir, a existencia de control. Desaparecen os artesáns e aparece a industria. A Bauhaus é unha escola que está entre o conservadurismo e a confianza na máquina.
A Cidade Neoconservadora ou Posliberal
Neste contexto de tanta efervescencia, dálle pé a Benévolo para describir a cidade neoconservadora ou posliberal. Trátase dun xeito de facer urbanismo que se forma na segunda metade do século XIX, causado polos réximes autoritarios que xorden despois das loitas revolucionarias.
Benévolo define a cidade neoconservadora coma unha serie de praxes urbanísticas.
Características da Cidade Neoconservadora
Cales son as súas características? Está rexida por leis de composición clásica ou barroca (trazados); é compacta e as rúas son soamente canles de comunicación. Identifícanse tres estándares:
1. Rue Corridor
Tubo de acceso ao comercio. Enlace de comunicación. Entre o espazo público e o privado só hai unha fachada. Pérdese a idea de trazo. A praza pasa a aparecer coma un ensanchamento das rúas. Todo está ligado ao comercio. As vivendas dependen da organización do comercio. Non se colocan en función da orientación, senón que todo está supeditado á rúa.
2. Barrio Residencial Extensivo
Son un conxunto de vivendas situado onde hai sitio para elas, normalmente fóra das cidades, de vivendas unifamiliares e que recollen as esixencias e preferencias burguesas. Benévolo di que o Movemento Moderno tense que enfrontar a esa cidade supeditada ao gusto burgués.
3. A Periferia
Zona nin urbana nin rural, que se afasta cada vez máis da cidade. Como unha coroa que vai medrando. Nelas vaise colocando todo aquilo que non cabe na cidade: escolas, vivendas... O Movemento Moderno debe suxerir un novo tipo de cidade que se contrapoña co que hai.
O Movemento Moderno como Resposta Científica
Cando adquire carácter científico pódese considerar movemento, é dicir, ten que haber unha investigación detrás de cada proposta. Esixe unha revisión crítica do sabido e aprendido. Tamén significa que organiza as experiencias e permite compartilas. Ten capacidade de incorporar achegas sucesivas, o que significa que unha obra non está acabada, sempre se poden acumular experiencias e achegar novas cousas. Control de resultados: ser capaz de autocriticarse.
Como se opón a esa cidade o Movemento Moderno?
1. Como Vangarda, Chea de Modernidade
A idea de modernidade é que o home debe descubrir as necesidades e evitar o superfluo. Moderneces é estar na onda, iso é malo; a modernidade implica a confianza na condición humana, a confianza nun mesmo.
2. Crítica Rigorosa e Método Sistemático
A través dun método sistemático: Apartaban os elementos e analizábanos independentemente. Estudo sistemático por partes. Estudo do individuo: como vive, o que necesita... (Estudo da realidade do momento).
3. Funcionalidade da Vivenda
A accesibilidade non debe condicionar a vivenda: A vivenda debe ser colocada e orientada en función da súa propia funcionalidade. Debemos loitar contra a supeditación da vivenda á rúa. Debemos rexeitar a idea de parcela-edificación. Outra cousa é coidar as condicións mínimas que deben ter as vivendas. Aparecen os polígonos, onde xa non importa a parcela senón a agrupación. Todas as vivendas entre elas deben ter uns espazos de relación.
4. Investigación das Agrupacións de Vivendas
Os barrios extensivos son caros porque esixen transporte, moito desprazamento e porque o acceso é dificultoso. Non critican abertamente o barrio extensivo porque a vivenda forma parte do seu programa. O único que critican son os dous puntos anteriores. Nese momento exponse a construción en altura. Gropius fai un estudo sobre as distancias e as alturas.