Mitosis: fases, funcións e diferencias clave coa meiosis
Mitose
É un proceso de división asociado a: o desenvolvemento embrionario, a reparación dos tecidos, a reprodución asexual e o crecemento.
Proceso mediante o cal, dunha célula orixínanse dúas células co mesmo número de cromosomas que ela. Por tanto, mantén constante o número de cromosomas.
1 célula (2n) --------------------------------------> 2 células (2n)
Grazas a este proceso todas as células somáticas teñen a mesma dotación cromosómica que o cigoto. É un proceso de división do núcleo continuo, que se pode subdividir en catro fases: Profase → Metafase → Anafase → Telofase.
Fases da mitose
- Profase: Os cromosomas, aínda non totalmente condensados, conteñen cada un dúas cromátides, que permanecen unidas polo centrómero.