Conceptos Fundamentais da Ética e a Filosofía Moral
Introdución á Acción Moral e á Ética
A acción moral é aquela que se pode considerar boa ou mala, correcta ou incorrecta, debida ou indebida. Porén, isto só se dá nos seres humanos. Só as persoas, en canto seres racionais, teñen liberdade e responsabilidade; sen estas non habería moralidade. O termo moral oponse aos termos inmoral e amoral. Unha conduta inmoral é algo que censuramos e desaprobamos, sendo moral a conduta. Só o ser humano é un animal moral.
A ética equivale á filosofía moral e constitúe unha parte fundamental da filosofía práctica. A ética é unha reflexión sistemática sobre a moralidade que pretende dar razón de canto ten que ver coa moral. A tarefa da moral é distinta á da filosofía moral: o filósofo...