Cantigas de amigo galegas: análise e símbolos
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,81 KB
Vaiamos irmana, vaiamos durmir
Resumo: a moza pide á irmá que a acompañe a durmir na beira do lago onde está cazando aves o seu amigo. As que cantan ben non as mata (lectura literal)
Lectura simbólica: a moza pide á irmá que a acompañe na beira do lago onde ten unha cita co seu namorado. O mozo anda conquistando chicas na beira do lago e queda coas máis guapas.
Símbolos:
- As aves: que simbolizan as mozas.
- Cazar aves: conquistar a moza.
- As aves que cantan ben: son as mozas guapas.
Lugar:
Na beira do lago.
A que se dirixe a moza?
Diríxese á irmá que actúa como confidente.
Recursos:
- Paralelismo (o primeiro verso de cada estrofa de dous a dous)
- Leixaprén
- Refrán: último verso de cada estrofa.
Ainas Nunes
Resumo: a protagonista pide ás amigas que vaian bailar con ela baixo as abeleiras, convida a bailar a todas as namoradas.
Recursos:
- Refrán: último e antepenúltimo verso de cada estrofa.
- Paralelismo
Símbolos:
As abeleiras floridas: simbolizan a xuventude e a primavera.
Tipo de cantiga:
Bailada.
Martín Codax
A que se dirixe a protagonista?
Ás ondas do mar.
Resumo:
A moza está na praia e pregúntalle ás ondas do mar polo seu namorado e se vai chegar pronto.
Símbolos:
- O mar: simboliza a ausencia do namorado (a separación).
- A auga: simboliza a pureza e a virxinidade.
- As ondas do mar: actúan como confidente da moza.
Recursos:
- Paralelismo
- Leixaprén
- Refrán: último verso de cada estrofa.
Tipo de cantiga:
Mariña ou barcarola.
Pero Meogo
A quen se dirixe a moza?
A nai. De feito é unha cantiga dialogada entre a nai e a filla.
Resumo:
A moza confésalle á nai o namorado que ten e que ten que ver ao seu namorado, ten medo que morra se ela non o visita. A nai confésalle que teña coidado porque antes a pretendía a ela.
Símbolos:
- O cervo ferido: o namorado.
- O mar: a separación, a ausencia do namorado.
Recursos:
- Paralelismo
Johán de Cangas
Tipo de cantiga:
De romaría porque quedan na porta da igrexa.
A que se dirixe?
Diríxese á nai.
Resumo:
A moza pide á nai que lle deixe ir ver ao seu namorado, que hai moito que non o ve e que está sufrindo moito por ela e ela por el.
Recursos:
- Refrán: último verso de todas as estrofas.
- Paralelismo
Meedinho
Tipo de cantiga:
Mariña ou barcarola porque se ambienta nunha illa ou de romaría porque está nunha ermida.
Resumo:
A moza tivo unha cita co mozo na ermida de illa de San Simón, foi andando porque a marea estaba baixa e mentres espera polo mozo, que non da chegada, sobe a marea e queda illada. Non ten barco e non sabe nadar, ten medo a morrer sóa illada no mar.
Recursos:
- Refrán: último verso
- Paralelismo
- Leixaprén
Símbolos:
O mar: como símbolo da separación amorosa.
Levou-s aa alva, levou-s a velida
Tipo de cantiga:
É unha alba porque se ambienta no amanecer.
Resumo:
Resumo literal: a moza levántase pola mañá e vai lavar os cabelos á fonte onde se atopa co seu amigo, un cervo que ven beber á fonte.
Resumo simbólico: a moza levántase pola mañá e vai ter un encontro amoroso co seu noivo na fonte.
Símbolos:
- Lavar cabelos: relación erótica.
- O cervo: o namorado.
- Fonte: lugar de encontro.
Recursos:
- Paralelismo
- Refrán: últimos versos.
- Leixaprén