Diferencia entre trobador e xograr na literatura galego portuguesa
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,71 KB
O Lirismo medieval Galego-Portugués. O tempo dos trobadores
Durante unha etapa entre os anos 1200-1350, ten lugar a eclosión da lírica medieval galego-portuguesa. Trobadores e xograres compoxeron as cantigas, nas súas diversas modalidades. O lirismo galego-portugués ten dúas grandes vertentes:
·Textos de carácter profano, e son as cantigas de amigo, amor, escarnio e maldicir.
·Cancioneiros de carácter relixioso, e son as cantigas de Santa María, de Alfonso X “o Sabio”
O Contexto histórico: reino medieval de Galicia
No ano 711, os árabes chegan á Península Ibérica. Galicia constituíu o maior espazo libre de dominio islámico e os propios musulmanes a chamaban Jalikiya, pero no ano 1492 reconquistouse Granada, grazas a desaparición do califato de Córdoba. Durante toda esta etapa tivo lugar o nacemento e expansión dos dominios de Asturias, León, Castilla, Galicia…
No ano 1230 tivo lugar a unión de Gaicia-León con Castela. E, ademais, o descubremento do sartego do Apóstolo Santiago entre os anos 842 e 847, propiciou a nacenza e expansión da cidade de Santiago de Compostela e converteuse nun dos grandes centros de cristianidade.
As distraccións e o lecer no medievo: o espectáculo trobadoresco
Durante a Idade Media, os nobres, dispuxeron de moito tempo libre. A caza, xustas e torneos foron ocupacións fundamentais para esas horas de lecer. A celebración de festas e de reunións durante as cales se cantaba e danzaba é o terreo onde eclosiona o mundo trobadoresco. Estamos diante dunha lírica culta, propia de ambientes aristocráticos; algo que non impide que rexistremos nela aqueles apartados populares, comúns a unha tradición de “canción amorosa de muller”. Ademais, constitúe tamen motivo de controversia a influencia da Occitania. As cantigas eran acompañadas por diferentes instrumentos musicais e tamén con bailes e danzas. Monarcas e grandes señores participaban directamente no espectáculo acompañados por xente máis humilde. Deste xeito temos que falar das figuras do trobador (precisaban de xograres para interpretar as súas composicións e son xente de baixa clase social) e do segrel e do xograr (membros da nobreza que compoñían cantigas como unha ocupación do seu tempo de lecer).
A transmisión do lirismo medieval: os cancioneiros
Se coñecen 1679 cantigas profanas compostas por uns 161 trobadores e xograres. Estes textos chegan a nós a través dunha serie de cancioneiros, dos que destacan 3 grandes códices: un compilado no propio tempo dos trobadores, e os outros 2 son copias realizadas no S. XVI
·Cancioneiro de Ajuda (A) / ·Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) / Cancioneiro da Vaticana (V) / De entre follas soltas destacan o Pergamiño Vindel (N) e o Perg. Sharrer (T).
As linguas romances e o galego-portugués
Na etapa medieval a verdadeira diferenza estaba entre o latín (lignua da Igrexa) e o romance. Tendo en conta que o romance que aínda falamos na actualidade, naceu ao norte e sur do río Miño, semella acertada a escolla de denominar galego-portugués a lingua medieval e a modalidade que reflicten as cantigas trobadorescas. É unha evolución do latín vulgar falado no noroeste peninsular dende o S.V-VII. Na fonética: -Consoantes: /s/ ao s ou -ss- (nosso), na morfoloxía: meu senhor/mia senhor e no léxico: uso de ar, chus, eire…