Resumo da fiestra valdeira por lances
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,95 KB
4.-Teatro:As tendencias teatrais desta etapa son fundamentalmente tres: 1.- O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto de produción.
2,. O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala, que viron no teatro un instrumento eficaz para galeguizar a sociedade, estender as ideas nacionalistas e dignificar a lingua e a cultura popular. É un teatro de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia.
3.- O teatro renovador, que concilia a temática popular galega coas técnicas da vangarda artística.
As dificultades iniciais: O teatro precisa para o seu desenvolvemento dunhas estruturas económicas e institucionais e dun público asiduo e formado, entón non se poderá falar dun teatro galego desenvolto
Os inicios: En 1903 inaugúrase na Coruña a Escola Rexional de Declamación que tiña como obxectivo consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego. O primeiro drama galego en prosa é A ponte de Manuel Freire.
O teatro na época Nós: favorecido pola creación na Coruña do Conservatorio Nazonal de Arte Galega. Os autores da época Nós achéganse ao teatro esporadicamente e escriben textos para seren lidos. As pezas máis destacadas desta obra son: - El bufón de El-Rei (1928), de Vicente Risco: ambientada na época medieval, é unha peza simbólica na que se fai unha reflexión verbo da anormalidade física e moral e sobre o inevitable do destino. - A lagarada, Teatro de máscaras e O fidalgo de Otero Pedrayo. A lagarada é unha traxedia protagonizada por un labrego rico e a cobiza dos que o rodea. - A fiestra valdeira (1927) drama simbólico, de Rafael Dieste, desenvolve o tema das orixes sociais e o desleigamento. É a obra teatral máis importante deste período. - Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Obra dun autor da Xeración Nós. Naquela ocasión o propio Castelao foi quen dirixiu a representación