Ética Kantiana: Liberdade, Deus e Inmortalidade

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,35 KB

Liberdade en Kant

A liberdade é a condición do imperativo e, como se deduce deste, cando se fala dun imperativo categórico, isto implica a liberdade. Agrega que a categoría da causa é aplicable ao mundo fenoménico e nouménico. A aplicación da causalidade ao noúmeno é imposible teoricamente, pero posible no campo moral á vontade pura e a concíbese como causa libre. Así, o home descóbrese como pertencente a dous mundos: como fenómeno e como ser intelixible e libre. Nada impide que unha mesma acción resulte condicionada de forma mecánica e determinada por necesidade no seu desenvolvemento. Nada impide que unha mesma acción poida ser producida por unha causa libre e que se desenvolva de acordo coas leis da necesidade nunha dimensión fenoménica.

Deus e a Moralidade

A virtude é o exercicio e a actualización do deber, é un ben supremo, pero non é o ben na súa totalidade, só o é a virtude á que se engade aquela felicidade que lle corresponde. Xunto coa felicidade non enxendra a virtude (porque fai que caia no eudemonismo), a procura da virtude non dá orixe por si mesma á felicidade. A procura da virtude converte ás persoas en dignas da felicidade, resulta absurdo ser digno desta e non ser feliz, isto supérase postulando un mundo intelixible e en Deus que adecúe a felicidade aos méritos e ao grao de virtude. En definitiva: a lei moral mándame que sexa virtuoso e isto vólveme digno da felicidade e, por tanto, é lícito postular a existencia dun Deus que outorgue noutro mundo aquela felicidade que lle corresponde ao mérito e que non consegue neste mundo.

A Inmortalidade da Alma

O sumo ben esixe a perfecta adecuación da vontade á lei moral, o que ordena o imperativo, esta adecuación é a santidade. Para Kant, a inmortalidade e a outra vida son un aproximarse cada vez máis á santidade.

Os Límites do Coñecemento

Kant afirma que os límites da nosa comprensión están limitados pola sensibilidade, xa que só esta ten a capacidade de percibir os contidos. O entendemento a priori só é capaz de configurar preventivamente o marco dunha experiencia potencial nun sentido xeral. Deste xeito, o entendemento carece da capacidade de determinar calquera obxecto e, polo tanto, non pode posuír un coñecemento previo. En resumo, somos incapaces de transcender ao ámbito dos fenómenos nun nivel fundamental.

Éticas Materiais e Formais

Sinala que as éticas precedentes eran materiais, mentres que a súa é formal. As materiais consideran que é tarefa da ética dar contidos morais, as formais atribúen á ética só a tarefa de mostrar que forma ha de ter unha norma para que a recoñezamos. As materiais escíndense tradicionalmente en éticas de bens e valores. Segundo a ética material dos valores, non toda a ética ha de estar suxeita ao concreto e empírico deste mundo; non toda a materia ha de ser de bens ou fins. Os seres humanos non só posuímos razón e sensibilidade, tamén unha intuición emocional pola que captamos o contido dos valores, a súa materia, sen extraela da experiencia: a ética pode ser material sen ser empirista. As formais tratan de eludir calquera contido moral, non se interesan nin polos fins nin polas consecuencias dos actos morais, senón que fundan a moralidade dun acto no feito moral de que se percibe a súa obrigación.