Traballo e Sociedade: Evolución e Ética
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
gallego con un tamaño de 8,84 KB
O Traballo e a Súa Evolución na Sociedade
O traballo é a acción mediante a que o ser humano procura o que necesita. Respecto á natureza, supón unha transformación, unha violencia contra ela. Segundo Hannah Arendt, chamamos labor a unha actividade orientada á obtención de bens de consumo inmediato. O traballo é a actividade dirixida a producir cousas artificiais e útiles de carácter máis duradeiro.
Características do Traballo Segundo Hannah Arendt
- Violencia exercida sobre a natureza para obter materiais para a construción.
- O traballo réxese por un modelo.
- Converte ao ser humano en deseñador, crea un mundo de ferramentas.
- Percibe unha remuneración, recibe un salario a cambio do traballo realizado.
Modo de Produción Capitalista
Medios de produción: fábricas, materias primas, máquinas, mercadorías. Relacións de produción: entre explotadores (burgueses, capitalistas) e explotados (obreiros asalariados ou proletarios).
O Traballo na Sociedade Industrial
A Revolución Industrial transformou radicalmente o concepto de traballo. Hai seis consecuencias que merecen destacarse:
- Xorde un novo ámbito de traballo, a fábrica: a invención da máquina de vapor e a conseguinte automatización da produción permiten que moitos operarios traballen xuntos de forma coordinada. Multiplícanse as funcións, actividades e niveis. O traballo queda fragmentado e créanse novas relacións.
- Organízase a distribución do tempo dun modo diferente: de estar rexidos polo sol, homes e mulleres pasan a ser rexidos polo reloxo e a serea da fábrica.
- A produción localízase nas cidades, orixinando o urbanismo. Nestas cidades industriais desenvólvense unhas formas familiares máis reducidas e un modelo social, en xeral, máis distante e anónimo.
- Aparece un novo tipo de propiedade distinto ao tradicional baseado na terra: as accións e os bonos. Con eles aparecen o proletariado burgués capitalista, dono dos medios de produción, materias primas, maquinaria, mercadorías.
- Paralelamente, as duras condicións de traballo e de vida no medio urbano dan como resultado o nacemento do proletariado.
- A muller empeza a vincularse ao proceso produtivo e con iso inicia a longa marcha cara á súa liberación.
Marx e a Alienación do Traballador
Marx analizou este cambio de grandes dimensións e buscou as claves para dar unha resposta xusta e humanizadora. O traballador perde o seu ser no traballo. Segundo Marx, o home é un ser traballador. Ao vender a súa forza de traballo, é considerado unha mercadoría, perde o seu valor como suxeito activo. Ao traballo tamén se lle expropia o froito do seu traballo, as mercadorías, que pasan a ser propiedade do capitalista. Esta ruptura entre traballadores e propietarios transmítese á sociedade en forma de clases sociais enfrontadas. Unha tensión que en determinados momentos da historia estala en forma de revolución.
O Traballo na Sociedade Actual
A sociedade que xurdiu da Revolución Industrial escindiuse en posuidores e desposuídos, e entrou nunha forte crise no primeiro terzo do século XX, caracterizado polas revolucións sociais. A Segunda Guerra Mundial marca o fin dunha época e a aparición dunha nova sociedade baseada na democracia política, o crecemento económico sostido e a igualdade educativa. O proxecto tivo, en principio, un éxito sen precedentes nos países desenvolvidos: pleno emprego, extensión da educación a todas as capas sociais, seguridade social; en definitiva, o Estado de benestar.
Para iso, foi necesario que as persoas, ademais de cidadáns, se convertesen en “capitalistas” e en “consumidores”. Capitalistas porque a formación obtida a través dos sistemas educativos é un ben prezado para a empresa, é “capital humano”. Consumidores pola necesidade do sistema de manter un nivel de demanda adecuado.
Paralelamente ao incremento do consumo vaise dando un proceso constante de tecnificación e automatización da produción pola incorporación das novas tecnoloxías. Este conxunto de cambios chámase con moitos termos: “sociedade posindustrial”, “sociedade de servizos”, “sociedade da información”, “sociedade do coñecemento”.
A tecnoloxía invade todos os ámbitos da nova sociedade, non só a economía e a política. As relacións humanas, familia, ocio, traballo, actividades sociais e relixiosas, están influídas polos medios tecnolóxicos.
Relativismo e Esixencias de Universalidade
Os sofistas concibían as normas morais como o resultado dunha convención ou acordo dos cidadáns. Os sofistas foron os primeiros filósofos que formularon unha doutrina ética no século V a.C., esta doutrina foi o relativismo moral. Non hai nin pode haber normas nin valores morais universais. É un feito que hai diferentes morais, que dependen da sociedade ou da cultura en que se vive. E é obvio que ninguén ten acceso absoluto á verdade e que, polo tanto, tampouco ninguén pode presentar como absoluta a súa moral. Non obstante, que os costumes ou valores sexan relativos non proba que todo valla igual ou que nada valla. O relativismo encontra un límite nos valores básicos universais.
Moral e Ética
Ética: rama da filosofía que estuda a moral (costumes, valores, normas que regulan o noso comportamento). Somos seres morais porque somos seres humanos. Fixémonos seres morais a través do proceso de humanización. “A moral é unha creación colectiva”: as accións morais son todas aquelas nas que estamos implicados nós xunto con outras persoas. Toda acción moral conleva: unha intención ou finalidade, uns medios para acadar tal fin, unhas consecuencias e uns sentimentos.
Mal moral: mentir, insultar, faltar ao respecto, excluír a alguén dun grupo, machismo, homofobia, agredir.
“Estamos condenados a ser libres”: hai situacións na vida nas que tomar unha decisión é tan difícil que prefeririamos que outros a decidis en por nós, mais a decisión ten que ser nosa. Con cada decisión que tomamos imos construíndo a nosa personalidade. Os exemplos máis claros son os dilemas morais. Só somos responsables daquilo que decidimos facer libremente.
Liberdade: é a capacidade de elixir entre varias opcións.
Conciencia moral: é a capacidade que ten a nosa razón para distinguir entre uns valores e outros, e consecuentemente escoller que camiño queremos tomar en cada situación. A madurez en sentido moral implica saber decidir por un mesmo e tendo en conta aos demais.
Intelectualismo Moral e Éticas Materiais
Intelectualismo moral, Sócrates, S V a.C. “quen coñece o ben, actuará ben”. Ninguén fará o mal a propósito; quen actúa mal, faino por ignorancia ou por descoñecemento do ben.
No século XVIII Kant estableceu a distinción entre éticas materiais e éticas formais, considerando que son éticas materiais todas as anteriores á súa época.
Éticas materiais: todas aquelas que indican unha materia, obxectivo ou finalidade que todos os seres vivos tendemos a perseguir. Exemplos:
- Eudemonismo, de Aristóteles, procede do vocábulo eudaimonia (felicidade). A ética aristotélica está considerada como unha ética material porque indica unha materia ou telos (fin) que todos os seres humanos perseguimos. O telos ou fin de todo ser humano é a felicidade. Aristóteles considera que a felicidade pode acadarse mediante a práctica da virtude. A virtude consiste no punto medio entre dous extremos opostos (entre un por defecto e outro por exceso).
- Hedonismo ou Epicureísmo, de Epicuro de Samos: evitar a dor e procurar o pracer. Pracer intelectual: ler libros, escoitar música, falar cos amigos.
Ética Formal de Kant
Ética formal: fronte a estes modelos de ética material, Kant propuxo a súa ética formal. Neste caso non se indica ningunha materia ou finalidade a acadar. O único que Kant propón é unha forma segundo a cal debemos actuar.
- Imperativo categórico: “Obra de tal forma que poidamos querer que a máxima (norma) da túa conduta se transforme en lei universal”. Kant defendía que, en caso de conflito entre a felicidade persoal e o deber, debemos actuar sempre por deber.