Xustiza e formas de goberno segundo Platón

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,65 KB

Xustiza no Estado segundo Platón

Xustiza no Estado: A orde social xusta é aquela na que a orde e a harmonía perviven na sociedade grazas a que cada clase de cidadán desempeña as tarefas para as que está dotado, sen interferir co traballo dos demais.

Aristocracia e monarquía

Aristocracia / Monarquía: O goberno ideal, o Estado xusto, do que nos fala Platón chámase:

  • monarquía, se un só manda;
  • aristocracia, cando os cargos se reparten entre varios.

Formas degeneradas do goberno

Formas degeneradas: Platón pensaba que o Estado ideal non podía durar sempre. Virán logo outras formas de goberno decadentes:

  • Timocracia
  • Oligarquía
  • Democracia
  • Tiranía

Timocracia

Timocracia: A timocracia, ou goberno do honor, é o termo medio entre a aristocracia e a oligarquía. Conserva da primeira o respecto á autoridade. Sen embargo, non estima suficientemente aos filósofos como para confiarlles os cargos importantes da cidade e, no seu lugar, prefire aos militares. O timócrata funda as súas pretensións de gobernar nos seus labores guerreiros e no seu talento militar. Os militares acaban oprimindo ás clases inferiores, vólvense ambiciosos e orgullosos.

Oligarquía

Oligarquía: Na oligarquía o dominio o exercen os ricos e fíxase un determinado censo para ter acceso á maxistratura, da que estarían excluídos os que carecen de fortuna. Xurden entón dúas cidades na cidade: a dos ricos e a dos pobres; con estes aparecen os mendigos, os ladróns e os delincuentes de toda clase.

Democracia

Democracia: A consigna do goberno democrático é a liberdade, e cada quen leva o tipo de vida que lle prace. O home democrático vese atraído polos praceres que non son nin naturais nin necesarios; non coñece nin orde nin restrición no seu comportamento.

Tiranía

Tiranía: O amor pola liberdade trae consigo a anarquía. Ante este estado de cousas, e cando a convivencia faise imposible, o pobo chama entón a algún favorito a quen pon á fronte do goberno. O home tiránico, pola súa parte, entrégase a todos os excesos da concupiscencia, a extravagancias de toda clase, á paixón sen freo.

Intelectualismo socrático

Intelectualismo socrático: Identificación coñecemento–virtude ou excelencia política (goberno ideal). A falta de autoridade e a ignorancia identifícanse coas formas máis degeneradas de organización social, sobre todo coa tiranía.