A Lingua Galega Durante o Franquismo e a Recuperación Cultural (1936-1975)

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3 KB

O Galego despois da Guerra Civil (1936-1975)

Todo o esplendor e traballo anterior (1900-1936) desaparece. Entre moitas consecuencias negativas da guerra, hai algunhas que afectan directamente ao galego, como o impedimento de entrar en vigor o E.A. (Estatuto de Autonomía) no que se establecía a cooficialidade do galego.

A Represión Franquista e as Consecuencias Sociolingüísticas

O triunfo do franquismo supuxo a supresión das liberdades, reprimindo calquera manifestación de diferencialismo que non fose de carácter folclórico. A censura será a medida suficiente para desterrar a lingua galega de calquera ámbito que non sexa o privado.

Durante o franquismo, o número de galegofalantes reduciuse debido a:

  • A represión legal da lingua galega.
  • A xeneralización da educación obrigatoria en castelán.
  • Os medios de comunicación en castelán.
  • A extensión de prexuízos contra a lingua galega.

Por iso hai un longo período sen publicacións en galego, dándose unha dobre censura: ideolóxica e idiomática. Nesta época dáse o crecemento das cidades que leva consigo o abandono do galego.

As consecuencias sociolingüísticas son inmediatas, sendo a lingua galega ignorada en calquera uso público e reprimida no espontáneo. Son os exiliados os que manteñen viva a recuperación lingüística e cultural, combatendo a diglosia forzada pola vontade de unificación lingüística da Igrexa, o ensino, a xustiza e a medicina.

Etapas da Recuperación Cultural

Podemos diferenciar 4 etapas:

1. Finais dos anos 40

  • En 1947 publícase Comaros verdes de Aquilino Iglesia, a primeira obra literaria publicada despois da guerra en galego.
  • Nacen as primeiras coleccións de poesía (como "Benito Soto"), revistas (como Alba) e editoriais ("Monterrey").

2. A década de 1950: O nacemento de Galaxia

  • En 1950 fúndase a editorial Galaxia, de gran importancia para a recuperación da nosa lingua.
  • A súa primeira obra será Antífona da cantiga (1951) de Ramón Cabanillas.
  • Publicaron revistas como Grial (que foi censurada e clausurada).
  • Nesta época comezaron os actos e agrupacións na clandestinidade.

3. A década de 1960: Madurez e Letras Galegas

  • Madura a primeira xeración de galegos que non viviu directamente a guerra e fórmanse os partidos nacionalistas.
  • En 1962, Celso Emilio Ferreiro publica Longa noite de pedra.
  • En 1963, celébranse as Letras Galegas.

4. Transición (1970s)

  • En 1974 emítese...
  • En 1975 morre... e a censura morre con el.

O Camiño cara a Norma Estándar

O galego escrito na posguerra non respondía a unha norma estándar e comézase o camiño para a busca dunha norma culta, recibindo o nome de proestándar, co desexo de ter unha lingua estándar propia.