Literatura Galega: Grupo Nós, Vangardas e Autores Clave (Risco, Pedrayo)
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,99 KB
O Grupo Nós: Características e Membros Fundamentais
- Membros: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez e Florentino López Cuevillas.
- Cronoloxía: Naceron entre 1884 e 1890.
- Orixe e Formación: Ourensáns, de clase media acomodada, con formación universitaria.
- Afiliacións: Pertencen ás Irmandades da Fala e ao Seminario de Estudos Galegos (SEG).
- Evolución Ideolóxica: Transición cara ao galeguismo desde o cosmopolitismo e o exotismo.
- Obxectivos: Interese por modernizar e europeizar a cultura galega dun xeito didáctico e a través dun atlantismo celtista.
- Actividade: Publicaron na revista Nós e participaron no Partido Galeguista.
- Legado: Consolidan e modernizan a prosa. Preocupación polo desenvolvemento do estudo.
As Vangardas na Literatura Galega: Ruptura e Innovación
- Características Xerais:
- Ruptura coa tradición literaria anterior e liberdade creativa.
- Renovación da linguaxe, actitude antirromántica e antisentimental.
- Difusión mediante manifestos e revistas.
- Defensa da orixinalidade e do creador.
- Uso de linguaxe técnica.
- Abandono do bilingüismo (escríbese só en galego).
- Ruptura coas regras de puntuación e diferente tratamento da imaxe.
- Principais Correntes:
Hilozoísmo
Movemento paisaxístico con constantes personificacións da natureza.Neotrobadorismo
Temática amorosa, recreación da linguaxe, recursos e ambientación medieval.Vangarda Plena
Estética e temática fundamentalmente creacionista con influencias cubistas e surrealistas. Exemplo: Manuel Antonio (uso de tecnicismo e barbarismo).
Ramón Otero Pedrayo: Narrativa Realista e Culturalista
A súa obra abrangue novelas longas e relatos breves, dividíndose en dúas grandes liñas:
Estilo Realista
- Narrador omnisciente, visión obxectiva do mundo rural do século XIX.
- Abundantes digresións culturais e fragmentos ensaísticos de tipo culturalista.
- Obra clave: Os camiños da vida (1928). Considerada a primeira gran novela da literatura galega, trata sobre os cambios sociais e económicos que se producen no século XIX.
Estilo Culturalista
- Referencias culturais, narrador subxectivo.
- Exposición e interpretación de ideas, con finalidade amplificante.
- Frecuentes evocacións e sensacións dos protagonistas.
- Obra clave: Arredor de si. Relato fundamental da Xeración Nós, narra a conversión ao galeguismo dos homes do seu tempo. O protagonista viaxa por diversos lugares de Europa e experimenta unha evolución que o leva de regreso a Galicia.
Vicente Risco: Didactismo, Esoterismo e Crítica Social
- Características: Didactismo e intelectualismo, ambientacións humanas, humor crítico, motivos esotéricos.
- Temas: Sobriedade expresiva, ocultismo, etnografía, mitografía e historia.
- Obras Destacadas:
- O porco de pé: A súa obra máis importante. É unha novela longa que realiza unha sátira contra as estruturas sociais. Critica a vulgaridade e o materialismo da burguesía.
- Nós, os inadaptados (Ensaio): Describe a evolución do grupo, que se achega ao galeguismo despois dunha formación literaria baseada nas correntes estéticas europeas de finais do século XIX. (Publicado na revista Nós en 1933).
Alfonso R. Castelao: Crítica Social e Lirismo
- Estilo: Crítica social, humor acedo, lirismo.
- Recursos: Abundantes recursos expresivos e efectos rítmicos.