Literatura Galega: Séculos Escuros
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,72 KB
Poesía
- “O Cantar do Mariscal” ou “Romance de Pardo de Cela”, coñecido co nome de “Pranto da Frouseira”, son dous poemas anónimos. A fortaleza da Frouseira, personificada, maldí a traizón ao Mariscal Pardo de Cela por parte dos seus servidores e chora o seu axustizamento na praza de Mondoñedo, por orde de Isabel a Católica.
- Dous sonetos barrocos escritos con motivo da morte da raíña Margarida de Austria: ”O soneto con falda” de Xoán Gómez Tonel e o pranto “Respice Finem” do médico Pedro Vázquez de Neira.
- Poesías de circunstancias: as “Coplas no saqueo de Cangas polos turcos”, nas que se describe a angustia e o pánico dos habitantes do Morrazo cando foi atacada polos turcos, que causaron moita destrución e morte.
- Décimas ao Apóstolo Santiago: escritas por Martín Torrado para criticar con humor o intento de nomear a Santa Teresa copatroa de España, poñéndoa ao mesmo nivel que o Apóstolo.
- Composicións das Festas Minervais: son 9 romances de estilo barroco, feitos para loar a figura do arcebispo de Fonseca e que foron compostos con motivo da celebración do concurso universitario das Festas Minervais da Universidade compostelá en 1697 e recollidos nun libro xunto con outros textos en latín e castelán.
- Os vilancicos cultos de Nadal: compostos e interpretados por músicos de capela, tanto en Galicia como en boa parte da Península Ibérica (Coímbra, Toledo, Valladolid...) durante os séculos XVII e XVIII. Escritos en mestura de galego e castelán, ou galego e portugués, presentan unha galeguización da escena do Nadal, identificando a pobreza en que naceu Xesús coa pobreza en que vivían os galegos.
Evolución da Lingua Galega
Ortografía
- Confusión b/v (ribeira)
- Adopción de “ll” e “ñ” para representar as palatais lateral e nasal.
Fonoloxía
- Perda da nasalidade vocálica e aparición de n velar
- Xeneralización dos ditongos -oi-/-ou-/-ei-
- Enxordecemento e simplificación do sistema de sibilantes medieval
- Aparición de -ch- co son actual
- Aparición da gheada na maior parte de Galicia
Morfosintaxe
- Distinción te/che excepto en áreas teístas e cheístas
- Alternancia lle/llelo
- Desinencia -o para a 3ª P do pretérito de indicativo dos verbos irregulares (fixo)
- Desinencia -ches para a 2ª P do singular dos pretéritos de indicativo (comiches)
Léxico
- Entrada de moitos castelanismos: abuelo, iglesia, pueblo
Teatro
Destaca unha pequena peza teatral, O entremés famoso sobre a pesca no río Miño de Gabriel Feixó de Araúxo, probablemente ourensán. A obra aborda os conflitos entre pescadores galegos e portugueses no río Miño, concluíndo coa súa reconciliación.
Prosa
Conservamos A relazón da carta xecutoria... É un texto en prosa en que se narra a traizón e morte do mariscal Pardo de Cela, facendo relación dos vasalos do nobre que o traizoaron. Pénsase que tanto esta obra coma o “Pranto da Frouseira” pode ser unha falsificación do XVII.
Tamén se conservan algunhas cartas privadas entre o conde de Gondomar e o embaixador Diego Sarmiento de Acuña (XVII). Isto demostraría que aínda non desaparecera o uso desta lingua na documentación privada da alta nobreza galega.