A Xeración Nós e o Nacionalismo Galego: Preguntas e Respostas Clave

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,12 KB

1) Cal é o medio polo que os integrantes da Xeración Nós publicaban as súas obras?

Mediante a revista Nós.

2) Que características non comparte Castelao con respecto aos seus compañeiros de xeración?

Extracción social acomodada.

3) Que son as Irmandades da Fala? Cal é o seu obxectivo primordial?

Grupos ou asociacións de persoas que teñen como elemento primordial exaltar e dignificar o mundo galego. Exaltar e dignificar a lingua galega.

4) Enumera os obxectivos do nacionalismo galego:

  • Autonomía para Galicia.
  • A cooficialidade lingüística entre galego e castelán.
  • Ingreso na Sociedade das Nacións.
  • Potenciación da cultura galega.
  • A igualdade de dereitos para a muller.
  • A garantía de que o pobo puidese expresarse libremente nas eleccións.
  • A creación dunha Xunta con poder executivo.

5) Cal era o obxectivo e a finalidade do agrarismo?

Obxectivo: Abolición do sistema foral que os obrigaba a pagar taxas abusivas. Finalidade: Converterse en propietarios plenos das terras que traballaban.

6. Completa a seguinte táboa.

Da terra asoballada, Poesía, Ramón Cabanillas, Describe a situación de Galicia.

Os dous de sempre, Novela, Castelao, Amosa os dous puntos de vista de Rañolas e Pedriño.

O porco de pé, Novela satírica, Vicente Risco, Critica a burguesía ourensá.

O que lle aconteceu ao doutor Alveiros, Novela costumista, Vicente Risco, Relata os costumes da cidade de Ourense.

Do Ermo, Poesía, Noriega Varela, Reflexa a paisaxe das montañas lucenses.

7) Quen escribe o manifesto Máis Alá? Cal é a finalidade dese manifesto?

Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Demandar unha nova literatura e criticar a aqueles que escriben como no século XIX.

8) Enumera tres movementos de vangarda europeos.

Futurismo, Cubismo, Creacionismo.

9) Quen é o autor que inicia o hilozoísmo? Cal é a súa temática?

Luís Amado Carballo. A súa temática principal é a Natureza que aparece humanizada e animada a través do uso das personificacións.

10) Cal é o nome da obra que publica en vida Manuel Antonio? Marca a estrutura que ten, temática e enumera as características de vangarda que presenta.

De Catro a Catro

Estrutura: 19 poemas escritos na primeira travesía marítima do autor. Caderno de bitácora (=diario marítimo) no que anota as incidencias desa viaxe exterior e interior tendo ao mar como tema principal. (Tema que ata ese momento non fora usado nas composicións literarias). Estrutura circular (=porque o primeiro e o último actúan como inicio e peche do libro).

1º poema: Intencións. O poeta amosa as súas ilusións para afrontar esa viaxe externa e interna.

19º poema: Adeus. A viaxe finaliza, o poeta volve a terra e despídese das súas vivencias.

Demais poemas: Temática variada que reflicte as incidencias desa viaxe polo mar.

Temática: A paisaxe marítima (sen límites). O fluír do tempo (asóciase con elementos físicos: calendario, diario, e que poden connotar monotonía, angustia, ledicia mediante o emprego de citas cronolóxicas: lúa, noite, sol).

Características de Vangarda:

  • O seu abandeirado é Vicente Huidobro.
  • A arte non debe imitar a realidade xa que o poeta é un pequeno deus que pode "crear un poema como a natureza crea unha árbore".
  • Deste xeito, o poema é unha realidade autónoma froito da intelixencia (ao contrario do surrealismo), servíndose para isto dos xogos de palabras e máis das imaxes fundamentadas nunha relación arbitraria.
  • Este movemento de Vangarda Galego rompe coa tradición literaria galega. Aposta pola renovación temática e formal.