A Poesía Galega na Posguerra: Intimismo e Sociorealismo

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,87 KB

A Poesía Galega na Posguerra

Como consecuencia da Guerra Civil e a represión franquista, a poesía galega viviu nos primeiros anos da posguerra un período de silencio, ata a publicación de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesias Alvariño. Ao longo dos anos 50, comezan a publicar, simultaneamente, autores de tres xeracións distintas: a Xeración de 1936, a Promoción do Enlace e a Xeración das Festas Minervais. O panorama é moi fértil e nel van agromar con forza moitas das voces máis singulares da lírica galega do século XX.

Tendencias da Poesía de Posguerra

A poesía de posguerra pódese agrupar en dúas grandes tendencias ben definidas: o intimismo e o sociorealismo. Estas tendencias sucedéronse no tempo.

O Intimismo (1947-1962)

O intimismo foi a corrente máis destacada entre 1947 e 1962. Os seus representantes máis sobranceiros foron os escritores da Xeración do 36. Destacan:

  • Álvaro Cunqueiro (Dona de corpo delgado)
  • Celso Emilio Ferreiro (O soño sulagado)
  • Luis Pimentel (Sombra do aire na herba)
  • Xosé María Díaz Castro (Nimbos)
Autores Destacados do Intimismo
Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

Os seus primeiros poemas nacen nun momento onde predominaba a estética vangardista. Foi un dos máis destacados representantes do neotrobadorismo e algúns críticos considérano o poeta máis importante da súa época.

Xosé María Díaz Castro (1914-1990)

Nimbos é un dos cumios da nosa literatura de posguerra. Na súa poesía atopamos trazos clasicistas, contidos existenciais e relixiosos, a presenza da temática paisaxística e unha constante preocupación por Galicia.

Subtendencias do Intimismo

Dentro do intimismo pódese distinguir unha serie de tendencias:

  • O paisaxismo: Uxío Novoneyra, cun ciclo poético inspirado no seu lugar de nacemento, as terras montañosas do Courel, Os eidos. No ruralismo evócase a Galicia campesiña e a paisaxe faise protagonista do poema.
  • O imaxinismo: Foi un movemento vangardista que tivo moitos continuadores como Eduardo Blanco-Amor. A influencia do neotrobadorismo chegou tamén a autores como Luz Pozo, Uxío Novoneyra, etc.
  • O alicismo: Supuxo unha volta ao uso do hendecasílabo e das formas estróficas clásicas.

O Sociorealismo

Aínda que o sociorealismo tivo un claro precedente nas obras cívicas publicadas no exilio por poetas como Luís Seoane ou Lorenzo Varela, a obra que a inicia foi Longa noite de pedra (1962) de Celso Emilio Ferreiro. Iniciou unha nova tendencia estética e marcou unha época da literatura galega. Denuncia a inxustiza e a opresión do réxime ditatorial que se estaba a vivir en Galicia.