Preguntas e Respostas Clave sobre a Xeración Nós e a Literatura Galega

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,97 KB

Contexto Histórico e Movementos Culturais

A Xeración Nós e o seu Obxectivo

Baixo que ditadura xorde a Xeración Nós?
Xorde baixo a ditadura de Primo de Rivera.
Cal é o obxectivo principal da Xeración Nós?
Revitalizar a cultura galega.
Cita as editoriais fundadas na década dos anos 20.
Lar, Céltiga e Nós.
En que ano se funda a revista Nós?
No ano 1920.
Que dous feitos importantes aconteceron en 1923?
O inicio da ditadura de Primo de Rivera e a fundación do Seminario de Estudos Galegos.

As Irmandades da Fala e o Agrarismo

Cando se fundan as Irmandades da Fala?
No ano 1916.
Que é A Nosa Terra?
É un xornal.
Quen foi Basilio Álvarez e que fixo?
Foi un crego que fundou Acción Galega (un movemento agrarista).

Autores e Obras Clave da Literatura Galega

Ramón Cabanillas: Poesía e Teatro

Con quen escribiu Cabanillas a obra O Mariscal?
Escribiuna con Antón Vilar Ponte.
Quen escribiu Vento mareiro e a que xénero pertence?
Escribiuna Ramón Cabanillas e pertence ao xénero poético.
Obra de Cabanillas que conta a vida dun santo e o seu xénero.
O bendito San Amaro (xénero poético).
Xénero e autor de A rosa de cen follas.
Pertence ao xénero poético e foi escrita por Ramón Cabanillas.
Título da comedia amorosa de Cabanillas e o seu xénero.
A man de Santiña (xénero dramático).

Otero Pedrayo, Cunqueiro e o Vangardismo

Quen escribe A lagarada?
Ramón Otero Pedrayo.
Quen escribe Cantiga nova que se chama riveira e a que xénero pertence?
Escríbea Álvaro Cunqueiro e pertence ao xénero poético.
A que obra e xénero pertence o poema “O sono do rei Artur”?
Pertence á obra Na noite estrelecida (xénero poético).
Cita dous membros do vangardismo con cadansúas obras:
  • Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde, Poemas do si e non.
  • Manuel Luís Acuña: Fírgoas.

Castelao: Narrativa e Teatro

Cal é o título da primeira narración de Castelao?
Un ollo de vidro.
Obra de Castelao que contén relatos autobiográficos.
Retrincos.
A que xénero pertence Os vellos non deben de namorarse e quen é o seu autor?
Pertence ao xénero dramático e o seu autor é Castelao.