O Cancioneiro de Burlas: Cantigas de Escarnio e Maldicir

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,61 KB

Das 430 composicións conservadas, o lirismo trobadoresco profano resulta ser o menos homoxéneo. Trobadores e xograres foron quen de criticalo todo ou case todo, xa que estas cantigas teñen gran diversidade temática e tonal. As orixes carnavalescas, como no caso dos cantares de amigo e de amor, son un xénero que nace e medra ao amparo da corte.

O trobador burlesco é tan convencional como o da cantiga de amigo e de amor. De aí as bromas e chanzas entre xograres e trobadores, guiados por un código previamente aceptado, se a orixe deles radica nun feito real. Non impide que, aos ollos de hoxe, as cantigas escarnianas cheguen a sorprender polo desenfado e ausencia de pudor con que nelas chegaron a manifestarse outros autores.

Características do Cancioneiro Burlesco

As características fundamentais do xénero inclúen:

  • Papel introdutorio marcado por unha importante interferencia da función narrativa.
  • A maior parte dos textos baséanse neste esquema: enunciado, paralelismo narrativo coa primeira estrofa e glosa irónica.
  • O equívoco, a ironía e a parodia son elementos que enmarcan por excelencia o esquema do cancioneiro burlesco.
  • En canto ao léxico, non se detiveron á hora de botar man dun léxico explícito.
  • A intencionalidade en todas as composicións e o ton abertamente xocoso reflicten a moralidade dominante da época.

Clasificación: Escarnio e Maldicir

Dentro dos cantares de burlas, temos os de escarnio e maldicir, e a súa diferenciación non é doada.

Cantiga de Escarnio

A cantiga de escarnio caracterízase polo emprego da diloxía e a utilización dos diverxentes sentidos dun vocabulario.

Cantiga de Maldicir

Pola contra, na de maldicir utilízanse xogos irónicos, lonxe de acudir ao equívoco, e caracterízase porque a burla que leva adiante mediante unha linguaxe é explícita, na que non hai lugar a dúbidas ou dobres sentidos.

O Tezón: Subxénero Satírico Dialogado

O tezón, dentro das satíricas, trátase dun subxénero de carácter dialogado, elaborado por dous autores que pretenden a canda súa e que rexeitan a tese do contrario.

A Pastorela e Outros Xéneros Menores

Ademais dos tres grandes xéneros do cancioneiro (relixioso, representado polas Cantigas de Santa María), o lirismo trobadoresco galego-portugués conta cun conxunto de composicións que aparecen dotadas de autonomía e identidade propias. Adoitase falar da presenza de xéneros menores ou híbridos, incluíndo fórmulas como o partimen, o pranto, o descordo, a cantiga de seguir, etc., e destaca a pastorela.

Estrutura da Pastorela

A pastorela, desenvolvida polos trobadores occitanos, ten a seguinte estrutura:

  • Un cabaleiro que relata os acontecementos en primeira persoa, no que atopa unha fermosa pastora polo campo adiante.
  • Solicítalle o seu amor, repentinamente namorado.
  • Diálogo entre a pastorela e o gavilán, e a pastora acepta ou non as propostas deste.

O pastor que aparece en realidade é unha dama que aparece disfrazada e que se move nunha natureza igualmente idealizada.

Conxunto de composicións entre as cales se inclúen:

Lais

Fan referencia á materia de Gran Bretaña e ao mundo do Rei Artur e os seus cabaleiros.

O Pranto

Expresa a dor pola perda ou desgraza dunha causa, xa sexa unha persoa, unha cidade, etc.

A Cantiga de Seguir

Composición nas cales se parte doutro texto orixinal ao que se parodia.

As Linguas Romances e o Galego-Portugués

Os conceptos galego, castelán, francés... Na etapa medieval, a verdadeira diferenza estaba entre o latín e o romance. De aí que nos textos contemporáneos non rexistremos as fórmulas do galego e portugués aplicadas ás linguas faladas e escritas polos trobadores. O romance que seguimos a falar na actualidade, coas transformacións co tempo, naceu no río Miño e espallouse polas terras do que habería de constituír o reino de Portugal. Velaí que semelle acertada a escolla habitual dos lingüistas de denominar galego-portugués á lingua medieval.

O galego-portugués é o resultado da evolución do latín vulgar falado no noroeste peninsular durante os séculos V ao VIII, e cuxo nacemento é paralelo ao das outras diferentes modalidades que configuran o conxunto das linguas románicas ou romances. O texto máis antigo en galego-portugués é Ora faz host’o senhor de Navarra. En relación co galego actual, a lingua trobadoresca presenta un feixe de características que afectan a unha lectura máis sinxela dos textos medievais.