Literatura e Nacionalismo Galego: Otero Pedrayo e Castelao

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,9 KB

Ramón Otero Pedrayo: Figura clave do nacionalismo galego

Otero Pedrayo é unha figura clave da recuperación cultural e da articulación do nacionalismo no século XX, que orienta a súa produción política e literaria arredor do catolicismo e do tradicionalismo.

A novela de Otero Pedrayo

Novelas histórico-culturalistas

Preocúpase por interpretar os momentos da cultura occidental nos que se fai patente o vínculo Galicia-Europa. Son dúas novelas:

  • A romaría de Xelmírez (1934)
  • Fra Vernero (1934)

Novelas histórico-realistas

Teñen como marco a Galicia rural do século XX. Son:

  • Pantelas, home libre (1925)
  • Os camiños da vida (1928)
  • O mesón dos ermos (1936)
  • O señorito da Reboraina (1960)
  • O Maurotallo (1974)
Análise de Os camiños da vida (1928)

Esta obra é dobremente paisaxística debido á presenza da paisaxe natural e da paisaxe humana do rural galego. Estrutúrase en tres partes:

  1. "Os señores da terra"
  2. "A maorazga"
  3. "O estudante"

Novelas psicolóxicas

A trama xira arredor do conflito interior dos protagonistas a finais do século XIX. Son:

  • Escrito na néboa (1927)
  • Vidas non paralelas (1930)
  • A máis significativa é Arredor de si (1930)
Arredor de si (1930)

Esta novela é de acción interna, sen orde cronolóxica, e clave para coñecer a evolución do Grupo Nós, aínda que retrata a Otero. O protagonista é un fidalgo intelectual que, despois de viaxar, atopa unha universidade europeísta na realidade oculta do país. Estrutúrase en 15 capítulos.

Produción ensaística de Otero Pedrayo

Hai que destacar o Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939). Outros de interese literario son Pelerinaxes e Polos viveiros da saudade.

Alfonso R. Castelao: Clásico da cultura e do galeguismo

Castelao é un clásico da cultura galega e da historia do galeguismo. A súa procedencia social era máis popular ca a de Risco e Otero, e tamén a súa obra, por iso se afasta algo do Grupo Nós. Os asuntos das súas obras reflicten só a vida do pobo, ofrecendo unha visión digna do paisano galego.

Obra narrativa de Castelao

A súa obra narrativa inclúe catro títulos principais:

1. Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)

O esquelete conta sucesos da súa vida ridiculizando os políticos que non falan galego, os estranxeiros que só cren no diñeiro, as namoradas que morren de amor, etc.

2. Cousas (1934)

Son 45 textos breves acompañados dun debuxo que ten relación co texto. As personaxes son expresión da psicoloxía e filosofía do pobo galego.

3. Retrincos (1934)

Cinco contos que recollen experiencias do propio autor:

  • "O segredo" e "O inglés" relatan anécdotas de cando estaba na Pampa arxentina.
  • En "Peito de lobo", a confección dun cabezudo serve de motivo central da intriga.
  • "O retrato" ten como motivo central a confección dun retrato idealista cun cometido humano.
  • "Sabela" mostra a sintonía de Castelao coas clases populares.

4. Os dous de sempre (1934)

É unha biografía paralela de dous personaxes diverxentes. Nesta novela cuestiónase o mito da liberdade individual.

Produción ensaística e pensamento nacionalista

Na produción ensaística distínguense Diario, As cruces de pedra na Bretaña, En Galiza e Sempre en Galiza. Nestas obras, Castelao expón o seu pensamento nacionalista e demostra a existencia de Galicia como unha nación por posuír idioma propio, territorio diferenciado, vida económica de seu e cultura autóctona.