O Teatro das Vangardas e a Xeración Nós en Galicia

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,72 KB

O Teatro das Vangardas

O Teatro das Vangardas está formado por un grupo de autores que comparten cos membros da Xeración Nós a súa concepción do teatro como "unha arte total", á vez que asumen as tendencias das vangardas europeas do momento e a influencia de dramaturgos como Ibsen ou Maeterlinck. Entre eles destacan Rafael Dieste, Álvaro de las Casas ou Xaime Quintanilla.

Rafael Dieste

Autor dunha única peza de teatro, A fiestra valeira (1927), representada en Rianxo (1935). É unha comedia de carácter simbólico, con claros elementos vangardistas, que expón o conflito pola inclusión dunha ventá no cadro que mostra as orixes mariñeiras da familia e os valores do pobo mariñeiro. Tamén se considera obra dramática O drama do cabalo de xadrez (1927), incluída en Dos arquivos.

Membros da Xeración Nós

Estes autores desvinculan o teatro da función propagandística; suprímense os elementos costumistas e realistas en favor dos poéticos e simbólicos, e incorpóranse tendencias da dramaturxia europea, como ver o teatro como unha síntese de palabra e música.

Vicente Risco

A súa única obra dramática é O bufón d'El Rei (1928), ambientada nunha corte medieval de tipo artúrico: unha raíña adúltera e o seu amante son delatados ante o monarca polo seu bufón, movido polos celos.

Otero Pedrayo

Intentou contribuír á normalización da nosa cultura co obxectivo de recrear ambientes, espazos e personaxes, cun carácter moi experimental e novidoso.

  • A lagarada (1928): contén elementos de tipo simbolista como o xogo coas sombras ou o parlamento das pipas de adega. Subtitulouna como "Farsada tráxica para ler" e mostra os sentimentos de cobiza dunha moza e a súa posterior vinganza, que acaba coa morte do labrego rico dono da casa.
  • O desengano do prioro (1952): peza humorística sobre a implantación da industria dos cadaleitos no Ribeiro; é unha alegoría da vida fronte á morte, onde a vida se identifica co mundo tradicional e a morte co moderno.
  • Teatro de máscaras (1975): pezas breves moi relacionadas coa vangarda expresionista.

Castelao

Sente predilección polas tendencias dramáticas da Europa do momento, o Teatro d'Arte: orixinalidade, espírito popular, estilización escenográfica e síntese de múltiples artes. Foi deseñador de decorados e vestidos, director artístico, etc. Os vellos non deben namorarse é a súa única peza dramática, que foi estreada en 1941 no exilio.