Historia e Cultura Galega no Século XX: Movementos e Vangardas

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,29 KB

O Agrarismo Galego: Movemento Social e Reivindicacións

O Agrarismo constitúe o movemento social máis representativo do primeiro terzo do s. XX. Trátase dun proceso reivindicativo que procura melloras nas condicións de vida dos campesiños. En 1907 fúndase a asociación agraria Solidaridad Gallega. O momento culminante do agrarismo chega dende 1912 ata 1915. A principal organización agraria nesa altura será Acción Gallega, dirixida por Basilio Álvarez, vigairo da parroquia de Beiro. Os obxectivos básicos eran conseguir a redención dos foros e acabar co caciquismo.

O Nacionalismo Galego e as Irmandades da Fala

O Nacionalismo xorde como evolución do galeguismo rexionalista nas primeiras décadas do s. XX cara a un movemento de defensa e exaltación dos valores e dereitos culturais, económicos e políticos do pobo galego. Nace no seo do galeguismo galego as Irmandades da Fala, que son asociacións culturais e políticas que nacen na Coruña en 1916 por iniciativa de Antón Villar Ponte. O seu obxectivo inmediato é a defensa do idioma galego como punto de partida para a recuperación cultural de Galicia.

O Partido Galeguista e a Emigración Galega

No Partido Galeguista de 1931 cohabitan tres tendencias:

  • Conservadores (Risco, Otero Pedrayo)
  • A Esquerda (Castelao, Bóveda)
  • Os Arredistas, que son o grupo minoritario partidario da independencia total.

Todos participaron no referendo do Estatuto de Autonomía dese mesmo ano, aprobado en plebiscito popular e baseado no proxecto político elaborado polos galeguistas do Seminario de Estudos Galegos.

A Emigración é un dos fenómenos máis característicos da sociedade e da economía galega moderna e contemporánea. Desde 1850, o fluxo migratorio con destino a América coñece un incremento sen precedentes. A inxente emigración transatlántica vai ter como consecuencia unha fractura social, a perda de man de obra, rupturas familiares, etc.

A Real Academia Galega: Orixe e Fundación

O xurdimento da Real Academia Galega foi promovido desde A Habana por Fontenla Leal e Curros Enríquez. A primeira reunión terá lugar no salón do Real Consulado da Coruña o 4 de setembro de 1905.

A Revista Nós: Un Faro Cultural Galego

A revista Nós, unha das empresas culturais galegas máis importantes, publícase en Ourense desde 1920. O seu núcleo fundacional está formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas, que constitúen o cerne do Grupo Nós, tamén chamado Cenáculo Ourensán.

O Grupo Nós: Intelectuais e Pensamento

O Grupo Nós está formado por un reducido círculo de intelectuais nados entre 1880 e 1890. Aos xa mencionados pode engadirse Antón Losada Diéguez, que chega ao galeguismo na madurez desde unha posición ideolóxica caracterizada polo europeísmo cosmopolita, o elitismo e o culturalismo.

Seminario de Estudos Galegos: Investigación e Divulgación

O Seminario de Estudos Galegos: Xorde en Santiago en 1923, é unha institución con carácter interdisciplinar creada por iniciativa de alumnos e algún profesor da Universidade Compostelá. Os seus fins son a pescuda sistemática, a formación de investigadores e a divulgación da realidade galega. O primeiro presidente será Armando Cotarelo Valledor. Entre os seus fundadores atopamos a Xosé Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey, Ramón Martínez López e Luís Tobío.

A Poesía Galega e as Vangardas na Época Nós

A poesía na época Nós e as vangardas. O nacemento do s. XX supón para Galicia un cambio importante a nivel literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización da nosa literatura a todos os niveis. É o momento da publicación de revistas (Yunque, Alfar) nas que se presentan as ideas vangardistas.

Principais Correntes Vangardistas na Poesía Galega

  • Simbolismo: Baseado na utilización recorrente de símbolos. É representado por Manuel Antonio e Luís Pimentel.
  • Hilozoísmo (imaxinismo ou animismo): Movemento xenuinamente galego que se caracteriza pola presenza da natureza como elemento central. Representante: Amado Carballo.
  • Impresionismo: Caracterizado pola forza das sensacións logradas a través de imaxes poéticas (Amado Carballo, Euxenio Montes).
  • Neotrobadorismo: Corrente xurdida como consecuencia da fascinación que produce no ambiente cultural galego desa época a divulgación da nosa lírica medieval.

A Xeración de 1936: Correntes Poéticas e Autores

A Xeración de 1936: Constituída maioritariamente por escritoras e escritores nados entre 1910 e 1920 e formados no marco da Segunda República. A Xeración de 1936 tiña diferentes direccións poéticas e autores.

  • Imaxinismo: Baseado na primacía da imaxe poética e iniciado en Galicia co peculiar paisaxismo de Amado Carballo, terá éxito nos poetas desta xeración. Entre eles, Emilio Pita.
  • Neotrobadorismo: Xorde no período de preguerra e caracterízase pola reelaboración das formas trobadorescas galego-portuguesas. Destacados: Xosé Mª Álvarez en Cancioneiro de Monfero ou Álvaro Cunqueiro en Cantiga nova que se chama Ribeira ou Dona do corpo delgado.
  • Clasicismo: Poetas como Ricardo Carballo Calero, Xosé Díaz Jácome, Aquilino Iglesia Alvariño e Álvarez Blázquez farán un aproveitamento diferente ao de Pondal con formas e metros clásicos (hendecasílabo branco) en poemas intimistas.
  • Intimismo Radical: Corrente coa que se iniciou o rexurdimento da literatura galega. María Mariño será a destacada.
  • Ruralismo: Liña evocadora da paisaxe, deostada por Manuel Antonio. Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Mª Díaz souberon ennobecela en terras do interior de Lugo.
  • Sociorrealismo: Maior achega dos poetas desta xeración. Luís Seoane, Lorenzo Varela e Celso Emilio Ferreiro.