Historia e Normativización da Lingua Galega: Fases e Estándares

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,83 KB

Historia da Normativización

A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dan nunha lingua histórica, concretamente aquela que se escolle como modelo de lingua común e que é identificada e aceptada polos falantes.

A normativización lingüística consiste na elaboración e selección dunha variedade estándar de lingua que funcione dentro dunha comunidade determinada como modelo de corrección idiomática.

Tarefas no Proceso de Normativización

  • Estandarización: Selección e fixación dunha variedade sincrónica de lingua uniforme que se usará na escrita e nas comunicacións formais.
  • Grafización: Forma escrita correspondente á variedade oral da lingua estándar.
  • Modernización: A lingua actualízase e habilítase para tratar calquera tema en calquera rexistro.
  • Selección e Fixación: Inclúense todas as actuacións orientadas a concretar unha norma.
  • Expansión e Cultivo (Normativización Lingüística): Recóllense as actuacións que perseguen estender o emprego da lingua a novos ámbitos sociais.

Proceso de Normativización do Galego Moderno

Ricardo Carballo Calero, entre 1972 e 1981, foi o primeiro catedrático que distingue tres fases na estandarización da lingua:

Fases da Estandarización segundo Carballo Calero

  1. Dialectismo: Cada escritor escribe segundo a variedade oral da súa zona de procedencia.
  2. Interdialectalismo: Seleccionan aspectos que máis lle gustan dos diversos falares galegos.
  3. Supradialectalismo: O modelo de lingua estándar non debe basearse en ningún dialecto; é a fase definitiva.

Etapas da Estandarización

  • Galego Popularizante (ata fins do s. XIX): A fonte principal é o galego oral (con castelanismos, vulgarismos...). A lingua galega presenta un estado lamentable nos usos cultos.
  • Galego Enxebrizante (ata 1936): Tendencia diferencialista con relación ao castelán e a necesidade de crear un modelo de lingua escrita.
  • Galego Protoestándar (fins dos 70): Simplificación ortográfica e predominio da tendencia purista (preservación da lingua). Medra a preocupación pola creación dun estándar lingüístico único.
  • Galego Estándar (ata hoxe): Procura dun galego supradialectal.

Galego Normativo

En 1982 apróbanse as "Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego" (RAG/ILGA). Establécese a normativa lingüística, que enfrontou a diversos sectores:

  • Modelo castelanizante.
  • Modelo portugués (reintegracionismo ou lusismo).