Pondal e Curros: Dous Piares do Rexurdimento Galego
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,18 KB
Eduardo Pondal
Vida e Obra (Ponteceso 1835 - A Coruña 1917)
Nace no seo dunha familia acomodada. Estuda Bacharelato e Medicina en Santiago de Compostela, onde comezan as súas inquedanzas galeguistas e participa no Banquete de Conxo, un acto progresista de obreiros e estudantes.
Obra
- 1ª etapa: Tendencia romántica e sensible influencia clasicista. Os Eoas e A Campana de Anllóns.
- 2ª etapa: Época do rexionalismo e época do bardismo pondaliano, na que o poeta asume o papel do bardo galego e sente como propio o compromiso de difundir, mediante o seu canto poético, a ideoloxía galeguista baseada no recente creado mito do celtismo. Pertencen Rumores dos Pinos e Queixumes dos Pinos.
Queixumes dos Pinos (1866)
Despois de Rumores dos Pinos, Queixumes dos Pinos supón o paso de Pondal ao monolingüismo en galego, ademais de recrear nesta obra un mundo poético propio.
Estrutura
- Comeza co canto dun bergantiñán que lembra a servidume da patria.
- Os poemas non teñen título, o que lle dá ao libro o carácter de texto único a modo de canto.
- Remata dun xeito moi semellante ao comezo, polo que podemos dicir que o libro ten unha estrutura pechada. Ademais, o derradeiro poema ten unha clara intención patriótica.
- Con posterioridade, Pondal escribiría outros poemas que en futuras edicións se engadirían a Queixumes dos Pinos, como é o caso de “Os pinos”.
Temas
O bardo, a defensa da lingua e a paisaxe.
Os Eoas (2005)
Poema épico que reflicte o pensamento dos anos mozos, próximo ao segundo provincialismo. Destaca pola súa consolidación do galego e pola conformación dunha epopea nacional.
Manuel Curros Enríquez
Vida e Obra (Celanova 1851 - A Habana 1908)
Nado en Celanova en 1851, abandona a súa casa aos 15 anos por mor do autoritarismo do seu pai. Marcharía para Ourense e máis tarde remataría o Bacharelato en Madrid, onde comezaría os estudos de Dereito.
En 1877 gaña un certame literario en Ourense coas composicións “Unha voda en Einibó”, “O gueiteiro” e “A Virxe do Cristal”, o que lle daría certa sona como poeta, sona que aumentaría trala publicación de Aires da miña terra en 1880.
Aires da miña terra (1880)
Temas
- Social: O poeta expón abertamente a súa ideoloxía, defensor do progreso e da liberdade. Oponse á política da Igrexa e da Administración de Xustiza. O poeta observa a situación miserenta dos labregos e as súas causas (reparto inxusto da terra, pago de foros, abandono do campo, aranceis moi altos sobre produtos necesarios coma o sal...) dende unha perspectiva agrarista.
- Intimista: Curros considera que a poesía intimista é egoísta.
- Costumista.
O Divino Sainete (1888)
É unha obra de forte contido crítico e satírico de orientación anticlerical e progresista. Curros aproveita que o Papa León XIII convocara un Xubileu a Roma, ofrecéndolles indulxencias a quen peregrinase a Roma ese ano, para criticar o negocio das peregrinacións.
O Divino Sainete inicia a liña satírica na moderna literatura culta en galego.