Historia e Normativización da Lingua Galega: Fases e Estándares
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,83 KB
Historia da Normativización
A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dan nunha lingua histórica, concretamente aquela que se escolle como modelo de lingua común e que é identificada e aceptada polos falantes.
A normativización lingüística consiste na elaboración e selección dunha variedade estándar de lingua que funcione dentro dunha comunidade determinada como modelo de corrección idiomática.
Tarefas no Proceso de Normativización
- Estandarización: Selección e fixación dunha variedade sincrónica de lingua uniforme que se usará na escrita e nas comunicacións formais.
- Grafización: Forma escrita correspondente á variedade oral da lingua estándar.
- Modernización: A lingua actualízase e habilítase para tratar calquera tema en calquera rexistro.
- Selección e Fixación: Inclúense todas as actuacións orientadas a concretar unha norma.
- Expansión e Cultivo (Normativización Lingüística): Recóllense as actuacións que perseguen estender o emprego da lingua a novos ámbitos sociais.
Proceso de Normativización do Galego Moderno
Ricardo Carballo Calero, entre 1972 e 1981, foi o primeiro catedrático que distingue tres fases na estandarización da lingua:
Fases da Estandarización segundo Carballo Calero
- Dialectismo: Cada escritor escribe segundo a variedade oral da súa zona de procedencia.
- Interdialectalismo: Seleccionan aspectos que máis lle gustan dos diversos falares galegos.
- Supradialectalismo: O modelo de lingua estándar non debe basearse en ningún dialecto; é a fase definitiva.
Etapas da Estandarización
- Galego Popularizante (ata fins do s. XIX): A fonte principal é o galego oral (con castelanismos, vulgarismos...). A lingua galega presenta un estado lamentable nos usos cultos.
- Galego Enxebrizante (ata 1936): Tendencia diferencialista con relación ao castelán e a necesidade de crear un modelo de lingua escrita.
- Galego Protoestándar (fins dos 70): Simplificación ortográfica e predominio da tendencia purista (preservación da lingua). Medra a preocupación pola creación dun estándar lingüístico único.
- Galego Estándar (ata hoxe): Procura dun galego supradialectal.
Galego Normativo
En 1982 apróbanse as "Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego" (RAG/ILGA). Establécese a normativa lingüística, que enfrontou a diversos sectores:
- Modelo castelanizante.
- Modelo portugués (reintegracionismo ou lusismo).