La Década Moderada (1844-1854)
Este período denomínase así porque, durante dez anos, o poder estivo en mans do Partido Liberal Moderado, grazas ao apoio da Coroa, sen que os progresistas tiveran a máis mínima oportunidade para acceder ao goberno. O líder do Partido Moderado, o militar Narváez, foi presidente do goberno en catro ocasións.
O liberalismo moderado estaba apoiado pola alta burguesía, os sectores enriquecidos pola compra das terras desamortizadas, a aristocracia latifundista e tamén por algunhas persoas ilustradas das clases medias.
Principais medidas do goberno moderado
As primeiras medidas tomadas polo goberno moderado foron:
- Creación da Garda Civil: O marqués de Ahumada, durante o goberno de González Bravo, funda en 1844
...