Organoloxía Musical: Clasificación e Tipoloxía de Instrumentos de Corda Punteada e Tradicionais Galegos
Clasificación e Tipoloxía de Instrumentos Musicais
A Familia de Corda Punteada
A familia punteada inclúe instrumentos que fan vibrar as cordas punteándoas cos dedos ou cunha puga.
A Guitarra Clásica
A guitarra clásica consta de 6 cordas afinadas de aguda a grave:
- Mi (aguda)
- Si
- Sol
- Re
- La
- Mi (grave)
No diapasón ten unhas divisións que se chaman trastes, que facilitan a localización dos diferentes sons. Para afinala, téñense ou desténsense as cordas a través da caravilla (ou cravilleiro). Antigamente as cordas eran de tripa; agora, as agudas son de nailon e as graves de aceiro.
É un instrumento polifónico. Pódense tocar melodías punteando as cordas cos dedos e acordes pulsando varias cordas á vez. Tamén é común a técnica de peiteado...