Poesía Galega Posguerra: Xeracións Literarias e Autores Esenciais
Na inmediata posguerra apenas existiu actividade cultural e literaria. Nos anos 50 iniciouse unha lenta recuperación da literatura, sobre todo na poesía. Nesta época de censura, os autores cultivaron o paisaxismo e o intimismo; sen embargo, no exilio escribían poesía de ton social e reivindicativo. Os poetas da posguerra agrúpanse en tres xeracións:
A Xeración do 36
Constituída por poetas que naceron entre 1910 e 1920. Formáronse na República e viviron a Guerra Civil, motivo que está sempre presente na súa poesía. A través deles transmitiuse o legado da Xeración Nós. Cultivaron tendencias poéticas da preguerra como o imaxinismo (Amado Carballo), o neotrobadorismo (Bouza Brey) e o paisaxismo (Noriega Varela), pero incorporaron