Historia e Gramática da Lingua Galega: Rexurdimento, Rosalía de Castro e Pronominalización
A Lingua Galega: Dos Séculos Escuros ao Rexurdimento
Comparativa: Séculos Escuros e Idade Media
Le os apuntamentos sobre os Séculos Escuros e compara a situación da lingua galega nesta época coa da Idade Media.
A situación da lingua galega (LG) cambia radicalmente con respecto á da Idade Media (I.M.). Nos Séculos Escuros, o castelán era unha lingua estranxeira que entra na sociedade galega. Polo tanto, pasa a haber unha situación de diglosia, na que o castelán, empregado pola administración e a alta nobreza, é unha lingua dominante, e o galego é unha lingua dominada, falada pola maior parte da poboación pero á marxe da maioría dos usos escritos. Produto disto, xorden as discriminacións e os prexuízos lingüísticos contra o...