Os Austrias Menores en España: Crise e Decadencia (Séc. XVII)
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,53 KB
A crise do século XVII e os Austrias menores
Durante este século mandan os Austrias menores e, en España, a crise manifestouse en varios sentidos: demográfico, económico e social.
Crise demográfica
Debido ás sucesivas guerras e a tres epidemias, a poboación de España en 1700 era igual que en 1600.
Crise económica
A crise económica agravouse polas malas colleitas e pola caída da entrada de ouro e prata procedentes de América.
Crise social
A crise tivo repercusións sociais. Por un lado, a burguesía non cambiou e seguiu igual; en cambio, o pobo llano vía empeorar a súa situación, polo que moita xente era empuxada á delincuencia.
Os reinados dos últimos Austrias españois
O reinado de Felipe III
Felipe III asinou a paz e acordou a tregua dos doce anos, pero isto foi en certo modo ao traste porque estalou a guerra dos Trinta Anos, na que España apoiou aos alemáns, mentres en Europa se loitaba pola hexemonía fronte aos Austrias.
O monarca fai dexación das súas funcións e pásaas ao duque de Lerma. Expulsou aos moriscos sen pensalo antes, e esa expulsión supuxo un grave prexuízo para a agricultura e para o traballo no campo.
O reinado de Felipe IV
Política interior
Había unha crise gravísima debido aos problemas económicos, que acabou provocando a sublevación de Cataluña e Portugal.
O Conde-Duque de Olivares era un home capaz, pero gustáballe moito o poder e mandar, e por esas dúas virtudes, ou defectos, hundiu a España na decadencia. Cataluña non quería ingresar en facenda, e o conde quixo levar a guerra contra Francia a Cataluña para que lle afectase. Luís XIII foi proclamado conde de Barcelona; Felipe IV retirouse e non houbo represalias contra os cataláns.
Olivares pediu tropas a Portugal, pero estes non lle fixeron caso e tamén se rebelaron, proclamando rei a Xoán IV. España recoñeceu a independencia de Portugal polo Tratado de Lisboa, baixo Carlos II. As sublevacións estalaron, pero foron fáciles de controlar; a peor foi a de Nápoles.
Política internacional
O arquiduque Alberto de Austria morreu sen descendencia e reanudouse a guerra ao terminar a tregua dos doce anos. Antes da caída do duque éramos invencibles, pero España admitiu a independencia de Holanda, aínda que seguiu a guerra contra Francia.
A Paz dos Pireneos marcou o fin da hexemonía española en Europa, mentres comezaba a de Francia.
A guerra dos Trinta Anos
A guerra seguía aberta. Os Países Baixos volveron a España ao morrer sen fillos o arquiduque Alberto de Austria, e reanudouse a guerra ao terminar a tregua dos doce anos. Na guerra dos Trinta Anos interviron fronte aos Austrias Dinamarca e Suecia, e venceron os Austrias. Desde 1635 interveu Francia, e en 1640 sublevaronse Cataluña e Portugal. En 1643 caeu o Conde-Duque, e ata entón invencibles, os españois foron vencidos na batalla de Rocroi.
A guerra acabou coa Paz de Westfalia, pola que España recoñece a independencia de Holanda, pero decidiu continuar a guerra contra Francia, que pretendía manter a súa soberanía sobre Cataluña. Para España supuxo a perda de Artois, de diversas prazas flamengas nos Países Baixos e dos territorios catalán de Rosellón e Cerdaña. Así quedou a fronteira tal como está hoxe, sendo a máis antiga de Europa.
A Paz dos Pireneos marcou o fin da hexemonía española en Europa, mentres comezaba a de Francia.
O reinado de Carlos II
Carlos II continúa a decadencia. Como resultado, asístese a unha recuperación económica e demográfica, pero hai que esperar ao século XVIII, coa chegada dos Borbóns, para pasar a unha etapa de crecemento. O novo rei era débil e enfermizo; na corte era apodado o Hechizado.
Tras varias guerras contra Francia de Luís XIV, perde o Franco Condado e varias prazas en Flandes. No exterior, Francia e o Imperio alemán planexaron o reparto da monarquía española, a espaldas do goberno español.
Para Carlos II o testamento debía decidirse entre tres candidatos: Felipe de Anjou, Carlos de Austria e José Fernando de Baviera. Carlos, ao morrer, designou como herdeiro a Felipe de Anjou. Non obstante, o seu testamento non puido evitar o estalido da guerra de sucesión á coroa española, na que se viron implicadas todas as potencias.