A Constitución Española de 1978: Características e Estrutura

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,65 KB

A Constitución de 1978

As Cortes formadas tras as primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977 tiñan como obxectivo crear a Constitución que deseñase o novo modelo de Estado da España monárquica e democrática.

Características principais

  • Consenso: Resultado do acordo entre os diversos partidos políticos de distintas ideoloxías.
  • Extensión: É a máis longa da nosa historia.
  • Ambigüidade: Redactada de forma que permite moitas interpretacións (desvantaxes: inseguridade; vantaxes: flexibilidade para gobernos de distinta cor política).
  • Rixidez: Impón moitas esixencias para realizar calquera reforma.

Estrutura da Constitución

Presenta unha estrutura tradicional dividida en dúas partes:

  • Parte dogmática: Recolle os principios de desenvolvemento do Estado e os dereitos das persoas.
  • Parte orgánica: Recolle a organización do Estado e a división dos seus poderes.

Principios básicos

  • Estado social e democrático de dereito: Todos os individuos e organizacións están obrigados a respectar a Constitución. A soberanía reside no pobo.
  • Forma política: Monarquía parlamentaria.
  • Estado de Autonomías: Estado unitario que recoñece o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións.
  • Linguas: O castelán e as demais linguas españolas son oficiais nos seus respectivos territorios.
  • Pluralidade: Recoñece a pluralidade política e sindical.

Dereitos fundamentais e protección

A Constitución dedica unha atención especial aos dereitos fundamentais:

  • Civís: Vida, liberdade, etc.
  • Políticos: Manifestación, liberdade de expresión, etc.
  • Sociais: Educación, salario mínimo, etc.

Para o seu cumprimento existe o Tribunal Constitucional. Ademais, recóllense os principios reitores da política económica e social (protección da familia, terceira idade, saúde, etc.).

Organización do Estado

A Constitución establece un modelo de Estado que traspasa poderes a diferentes institucións:

  • Coroa: O Rei.
  • Cortes Xerais: Congreso dos Deputados e Senado.
  • Goberno: Poder executivo (Presidente).
  • Poder Xudicial: Xuíces e tribunais de xustiza.
  • CCAA: Comunidades Autónomas.