Cláusulas, Oracións e Literatura do Exilio Galego

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,45 KB

Cláusulas Simples e Complexas

Unha cláusula é unha unidade sintáctica que necesita ter un verbo coa función de predicado para existir.

Cláusula simple: ten un único predicado.

Exemplo: Xulia regaloulle un gato a Henrique.

Cláusula complexa: ten outra no seu interior.

Exemplo: Henrique dixo que era bonito.


Oracións Bipolares e Coordinadas

Bipolares: ambos os dous constituíntes son imprescindibles para que exista a oración.

Tipos:

  • Condicionais: Déixocho se mo devolves axiña.
  • Concesivas: Aínda que está lesionado, xogou ben.
  • Causais: Non veu porque tiña traballo.
  • Consecutivas: Está en Internet, polo tanto xa se pode ver.
  • Comparativas: Adestra moito máis do que pensas.

Coordinadas: cada un dos constituíntes pode existir sen que exista o outro.

Tipos:

  • Copulativas: Fun ao súper e merquei amorodos.
  • Disxuntivas: Prefiro descansar ou comer algo.
  • Adversativas: O grupo era bo pero había pouca xente.
  • Distributivas: Ora fala moito, ora cala de todo.


Cartas Formais: Partes e Características

Características: coherencia, claridade na expresión, brevidade e tratamento de cortesía con pronomes como vostede e vostedes.

Partes da carta:

  1. Membrete (cos datos completos de quen escribe).
  2. Nome, enderezo e posto ou cargo do destinatario.
  3. Lugar e data onde se escribe.
  4. Asunto sintetizado en moi poucas palabras.
  5. Saúdo formal, que variará segundo o cargo, posto ou relación co receptor.
  6. Corpo da carta.
  7. Despedida.
  8. Sinatura do emisor da carta.


Erros de Redacción Comúns

Silepse: falta de concordancia entre xénero, número ou persoa.

Anacoluto: deixar sen concluír un enunciado ou que as oracións que forman un enunciado non se correspondan entre elas.

Elipse: cando se elide unha forma que non fora nomeada anteriormente.

Redundancia: uso excesivo dunha palabra ou palabras semellantes.


A Literatura do Exilio Galego

Traballo cultural dos exiliados: eles puxeron en marcha numerosas iniciativas para manter viva a cultura galega.

Edición de revistas culturais e literarias: como Galicia e Galicia Emigrante.

Creación de canles para a publicación de libros galegos como as coleccións Hórreo e Dorna.

Consolidación dun teatro galego: posta en marcha da compañía de Maruxa Villanueva e Varela Buxán, fundación do teatro popular galego, e creación de textos orixinais.

Extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante.

En México houbo outro significativo foco de vida cultural no exilio. Alí creáronse revistas como Saudade ou Vieiros dirixida por Luís Soto e o cineasta Carlos Velo. Tamén en Londres houbo un grupo moi activo que creou un programa de radio que se transmitía para Galicia a través da BBC.