Conxugación do verbo andar en galego: tempos, modos e exemplos
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,86 KB
Actualizado el
Resumen
O documento presenta a conxugación do verbo andar en galego nos modos indicativo, subxuntivo e imperativo. Mostra as formas de cada tempo, os morfemas de modo, tempo, número e persoa, e a análise da raíz, a vogal temática e o morfema aspectual de cada forma. Tamén explica os valores de cada tempo, como o presente intemporal, o copretérito narrativo ou o futuro de obrigatoriedade.
Puntos clave
- O verbo andar ten a raíz and- e a vogal temática -a- no infinitivo.
- O presente de indicativo da primeira persoa é ando.
- O pretérito perfecto é andei, o copretérito é andaba e o antepretérito é andara.
- O pospretérito é andaría e o futuro é andarei.
- O presente de subxuntivo é ande, e o pretérito de subxuntivo é andase.
- O futuro de subxuntivo (andar, andares, andarmos...) está hoxe en desuso.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Conxugación do Verbo "Andar"
Indicativo
| Tempo | Forma | Tempo | Forma |
|---|---|---|---|
| Presente | Ando | Presente de Subxuntivo | Ande |
| Pretérito (perfecto) | Andei | Pretérito (imperfecto) de Subxuntivo | Andase |
| Copretérito (imperfecto) | Andaba | * Tamén existe o futuro de subxuntivo (andar, andares, andarmos, andardes, andaren), hoxe en día en desuso. | |
| Antepretérito (pluscuamperfecto) | Andara | ||
| Pospretérito (condicional) | Andaría | ImperativoAnda (ti)Andade (vós) | |
| Futuro | Andarei | ||
Morfemas de Modo e Tempo
| Indicativo | Subxuntivo | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Tempo | Morfema | Tempo | Morfema | ||
| Presente | Ø | Presente | CI | -e- | |
| Copretérito | Ø | Presente | CII e CIII | -a- | |
| CI | -ba- | ||||
| Pretérito | Ø | Pretérito | -se- | ||
| Copretérito | CII e CIII | -a- | ImperativoØ | ||
| Antepretérito | -ra- | ||||
| Pospretérito | -ría- | ||||
| Futuro | -re- | ||||
| Futuro | -ra- | ||||
Morfemas de Número e Persoa
| Persoa | Común | Presente de Indicativo | Pretérito de Indicativo | Futuro de Indicativo | Imperativo | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| P1 | Ø | -o | CI | -i | -i | |
| P2 | -s | -ches | Ø | |||
| P3 | Ø | -u | ||||
| P4 | -mos | |||||
| P5 | -des | -stes | -de | |||
| P6 | -n | -ron | ||||
Infinitivo
| Forma Verbal (V) | Raíz (R) | Vogal Temática (VT) | Morfema Aspectual (MA) | Morfema de Número e Persoa (MNP) |
|---|---|---|---|---|
| andar | and- | -a- | -r | Ø |
| andares | and- | -a- | -re- | s |
| andar | and- | -a- | -r- | Ø |
| andarmos | and- | -a- | -mos | |
| andardes | and- | -a- | -des | |
| andaren | and- | -a- | -re- | -n |
Valores dos Modos e dos Tempos
Indicativo: expresa a realidade.
Presente: indica o presente dunha acción inacabada > lavo os dentes.
Outros valores:
- Intemporal ou permanente: a vida é dura.
- Habitual: temos clase polas mañás.
- De futuro (prospectivo): vémonos mañá.
- Histórico: Rosalía nace en Santiago de Compostela en 1837.
- Imperativo: ti fas o que eu che diga e punto.
Pretérito: indica tempo pasado dunha acción acabada > lavei os dentes.
Copretérito: indica tempo pasado dunha acción inacabada > lavaba os dentes.
Outros valores:
- De cortesía: Boas tardes, quería mercar un libro.
- Narrativo: Había unha vez...
Antepretérito: indica unha acción anterior a outra pasada > Cando eu lavei os dentes ti xa os lavaras.
Outros valores:
• De cortesía: quixera que me deixase un sitio, por favor.
• Desiderativo: quen me dera ser menos impulsiva.
Pospretérito: indica unha acción posterior con respecto ó pasado > Dixo que despois lavaría os dentes.
Outros valores:
- De cortesía: podería deixarme un sitio, por favor?
- Desiderativo: gustaríame ser menos impulsiva.
- Probabilidade/aproximación: terían uns vinte anos.
Futuro: indica unha acción que se realizará despois do presente > lavarei os dentes.
Outros valores:
- Obrigatoriedade: mañá pola mañá lavarás os dentes.
- Probabilidade/aproximación: terán uns vinte anos.
Subxuntivo: expresa a irrealidade, o desexo, a posibilidade.
Presente: non creo que vaia hoxe.
Outros valores:
- Imperativo: non berres tanto.
- Desiderativo: oxalá chegue pronto.
Pretérito: non creo que chegase aínda.
Imperativo: expresa ordes, suxestións, consellos. > lava os dentes, lavade os dentes.
Preguntas frecuentes
Cómo se forma el imperativo del verbo andar?
Segundo o texto, na segunda persoa do singular é anda (ti) e na segunda do plural é andade (vós).
Qué valores tiene o pospretérito?
Indica unha acción posterior ao pasado, como en « dixo que despois lavaría os dentes ». Tamén expresa cortesía, desexo ou probabilidade.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.