Usos do pronome 'se' en galego
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,74 KB
Usos do pronome "se" en galego
A) Como conxunción (nexo de subordinada)
- Se collen o tren das doce, chegarán a Vigo ás tres.
- Este rapaz sempre fai coma se non oíse.
- Pregúntalle se vai ir á voda de Xurxo.
- Non lle fagas caso se che di que vaias con el.
B) Como pronome persoal
Neste caso distinguimos:
1. Valor reflexivo
Indica a coincidencia entre o axente e o paciente da acción (reflexividade), isto é, o suxeito realiza unha acción que recae sobre si mesmo. Admite o reforzo a si mesmo e alterna coas distintas persoas: me, te, se, nos, vos.
Exemplos:
- (El) queimouse (a si mesmo) e tivo que ir ao médico.
- Manolo peitéase con coidado.
- Vístese amodo.
- Lavouse en media hora.
Ollo! En galego é incorrecto o uso das formas reflexivas na función de complemento indirecto cando na oración xa aparece un complemento directo expreso.
Exemplos:
- Lavou os dentes (non, lavouse os dentes).
- Peiteou os cabelos (non, peiteouse os cabelos).
2. Valor recíproco
Indica a dous ou máis suxeitos executando e recibindo alternativamente a acción verbal. Neste caso pode desempeñar a función de complemento directo ou complemento indirecto.
Exemplos:
- Anxo e Antía quérense moito. (Complemento directo)
- Aloumiñábanse con tenrura. (Complemento directo)
- Aínda se seguían escribindo cartas de amor. (Complemento indirecto)
3. Valor pronominal
O se acompaña a verbos que necesitan do pronome para manter o seu significado. Non teñen función nin de complemento directo nin de complemento indirecto, forman parte inseparable do verbo. Varía coa persoa verbal (lémbrome, lémbraste, lémbrase…).
Verbos deste tipo son:
a) Verbos de emoción ou sentimento (verbos seudorreflexivos). Nestes casos o verbo adoita ir acompañado.
Ollo! En galego os verbos intransitivos de movemento non admiten a marca pronominal.
4. Valor impersoal
Neste caso o se tampouco ten función sintáctica. Se é a marca de impersoalidade. Son construcións que carecen de suxeito (pero se lle quitamos o se aparece o suxeito). Só se emprega co verbo en 3ª persoa do singular. Non admite o plural.
5. Pasivas reflexas
A diferenza das impersoais con se, as pasivas reflexas si que teñen un suxeito que concorda co verbo. Aparecen co verbo en singular ou en plural, pero sempre en voz activa (fronte á pasiva normal) e non levan o complemento axente.
Exemplo:
- Véndese casa.