O Grupo Nós: Autores e Obras Clave da Literatura Galega

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,65 KB

O Grupo Nós (1916-1936): Contexto e Relevancia

Chamámoslle Época Nós ao período comprendido entre 1916 e 1936, pola importancia que tiveron neste momento os membros do Grupo ou Xeración Nós, nucleados a través da revista Nós (1920-1936), e nacidos na década de 1880-1890. Este grupo renovou a narrativa galega, buscando situala á altura do que se facía noutras literaturas europeas.

Vicente Martínez-Risco (1884-1936): Traxectoria e Obra

Etapas da súa traxectoria

  1. Etapa pregaleguista: Publica o seu primeiro relato en galego.
  2. Etapa galeguista ou nacionalista (1920-1933): Participa nas Irmandades da Fala, funda a revista Nós (1920) e publica o seu ensaio Teoría do nacionalismo galego (1920). Nesta etapa concéntrase a súa obra literaria en galego.
  3. Etapa de nacional-catolicismo (1934-1963): Abandono do galeguismo e da literatura en lingua galega. Pasa ao bando franquista.

Títulos da súa obra narrativa

A obra narrativa de Risco está composta por unha novela, O porco de pé (1928), e un conxunto de relatos aparecidos en publicacións periódicas entre 1919 e 1926:

  • Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919)
  • A velliña vella (revista Céltiga, Bos Aires, 1924)
  • O lobo da xente (1925)
  • A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925)
  • A coutada (1926)

En 1927 aparecen en Nós os 8 primeiros capítulos da novela Os europeos en Abrantes.

Características da súa obra literaria

  • Ambientación urbana
  • Intencionalidade didáctica (presentar ideas e convencer os lectores)
  • Actualización da tradición oral galega
  • Humor crítico (a sátira)

Teatro e ensaio de Risco

Como outros membros deste grupo, Risco contribuíu tamén cunha obra teatral, O bufón d'El Rei (1928), e cunha abondosa produción ensaística, entre as que destacan:

  • Nós
  • Os inadaptados (1933), no que explica a evolución cara ao galeguismo
  • Mitteleuropa (1934), no que constata o abandono do autor das posturas nacionalistas

Ramón Otero Pedrayo (1888-1976): Obra Narrativa

Otero Pedrayo é autor dunha extensa obra narrativa que a crítica divide en narracións realistas e narracións culturalistas.

Narracións realistas (relatos e novelas)

Características das narracións realistas

  • Narrador omnisciente
  • Ambientación na Galicia decimonónica
  • Desenvolven unha única trama

Títulos de narracións realistas

  • Pantelas, home libre (1925)
  • A triloxía Os camiños da vida (1928)
  • Contos do camiño e da rúa (1932)
  • O mesón dos ermos (1936)

Narracións culturalistas

Características das narracións culturalistas

  • Uso do narrador en primeira persoa
  • Incorpora consideracións históricas, filosóficas ou literarias, máis que centrarse no asunto narrativo.

Ambientación das narracións culturalistas

En canto á ambientación, divídese en:

  • Narracións de asunto contemporáneo:
    • Escrito na néboa (1927)
    • Arredor de si (1930)
    • Develar (1935)
  • Narracións de asunto histórico:
    • A romaría de Xelmírez (1934)
    • Fra Vernero (1934)