Galicia no Século XIX: Rexurdimento e Lingua
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,75 KB
Galicia no século XIX
O século XIX foi unha época de cambios importantes en Galicia, que afectaron ao ámbito político e social, pero tamén ao cultural e lingüístico. Estes cambios déronse dun xeito continuo ao longo de todo o século, mesmo na literatura.
O Rexurdimento
O 17 de maio de 1863 é a data que marca simbolicamente o comezo do noso pleno Rexurdimento literario, coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
No seo desta cidade fóronse producindo enfrontamentos entre dous bloques ideolóxicos: os conservadores (partidarios do absolutismo) e os liberais (herdeiros dos ilustrados do XVIII). A partir da ideoloxía liberal e da romántica aparece o galeguismo. Este movemento político tivo tres etapas:
- Provincialismo: Concibíase Galicia como unha provincia e defendíase a súa especialidade económica, cultural, lingüística... Tivo líderes como Miguel Solís.
- Rexionalismo: Deuse tamén a finais do século XIX. A esta segunda fase, cuxa vertente principal de carácter conservador e cultural liderada por Alfredo Brañas, pertencen as figuras do Rexurdimento literario galego como Rosalía, Pondal…
- Nacionalismo: Dáse a principios do século XX. É a fase de madureza do galeguismo. Como movemento político xurdiu no seo das Irmandades da Fala.
A lingua galega no século XIX
Nesta época o galego era a lingua maioritariamente falada, xa que Galicia era principalmente rural. Comeza aquí unha época de recuperación do galego na escrita.
A data clave é o 17 de maio de 1863, coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía, xa que este foi o primeiro libro integramente escrito en galego.
Primeiro terzo do século XIX
Os primeiros textos destes anos teñen un carácter menos literario e máis propagandístico. Destacan autores como Pastor Díaz (Vilancicos en galego) ou Antonio Bieito Fandiño.
Os precursores
Agrúpanse aquí os escritores con obra en galego anteriores á de Rosalía. Unha celebración onde participaban os poetas comprometidos co galego eran os Xogos Florais. Os da Coruña de 1862 deron lugar á publicación do Álbum de la Caridad. A poesía dos precursores xiraba en torno á descrición da vida popular e ás ofensas que recibía Galicia.
Destacan autores como:
- Xoán Manuel Pintos: amosa o seu compromiso coa cultura galega na súa obra A gaita gallega (onde mestura o galego e o castelán).
- Francisco Añón: publicou diversas poesías nos periódicos de temática ben costumista ou reivindicativa. Utilizaba un ton patriótico, típico dos precursores.