O Rexurdimento Galego: Orixe, Características e Autores Clave
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,99 KB
O Rexurdimento: Orixe e Contexto Histórico
Orixe do Movemento
Este movemento, entre finais do século XIX e principios do XX, impulsou a recuperación da nosa cultura. En 1863 publicouse Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o inicio deste período. Esta publicación supuxo a demostración do galego como lingua apta para chegar aos máis altos graos de expresión artística.
Factores que Impulsaron o Rexurdimento
O Rexurdimento prodúcese pola combinación dos seguintes factores:
- A influencia das ideas da Ilustración (S. XVIII) en personaxes como o Padre Sarmiento.
- A repercusión da Guerra da Independencia, que xerou a conciencia dun pobo que precisaba un autogoberno.
- A ideoloxía romántica, que exaltaba a liberdade e a defensa das culturas autóctonas.
- A descentralización e defensa das peculiaridades de Galicia.
Características Xerais do Rexurdimento
- Carencia dunha tradición literaria culta ata comezos do século XX.
- Reivindicación do carácter diferenciado de Galicia, o que levou aos intelectuais do Rexurdimento a buscar nas raíces do país.
- Predominio da lírica, importantísimo no Rexurdimento pola cantidade de obras producidas.
A Produción Narrativa
Predomina a lírica sobre a narrativa. Así e todo, aparecen os primeiros exemplos dos seguintes subxéneros:
- O conto literario: Recrean ambientes rurais e adoitan ter matices reivindicativos.
- A novela: Destacan Marcial Valladares e López Ferreiro por crear as primeiras novelas en galego. Tamén é relevante Valentín Lamas Carvajal pola súa faceta xornalística.
Nesta época, o papel da prensa foi decisivo xa que, ademais de aparecer os primeiros xornais integramente en galego, foi o vehículo de publicación de poemas e novelas.
Autores e Obras Clave
Marcial Valladares
Naceu en Vilancosta. É o autor de Maxina ou a filla espúrea (1880). O máis significativo é a fidelidade coa que o autor reflicte o uso diglósico do galego: as personaxes urbanas de clase acomodada falan en castelán e as do mundo rural falan en galego.
Valentín Lamas Carvajal
A súa faceta de xornalista levou á fundación en 1876 do primeiro xornal integramente escrito en galego, O Tío Marcos da Portela.
Como narrador, escribiu O catecismo do labrego (1889). Esta obra tivo moito éxito. É unha divertida parodia do Catecismo de la doctrina cristiana do Padre Astete, texto de lectura obrigatoria. Así, Lamas asegurábase de facer unha literatura accesible ás clases populares non exenta de humor. Lamas amosa un gran coñecemento da lingua viva e enxebre dos campesiños, reflectido nos trazos estilísticos propios da fala popular.